A Mancomunidade de Ordes posiciónanse contra o desmantelamento do 065
No pleno desta semana tamén se acordou solicitar unha entrevista co responsable de Gas Natural Unión Fenosa. Tamén se demandará á Xunta unha liña de axudas para solucionar os danos causados polos temporais rexistrados nas últimas semanas
Os sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Ordes posiciónanse en contra da decisión adoutada pola Xunta de Galicia de suprimir o servizo de transporte do 065 (Servizo Galego de Apoio á Movilidade Persoal). Unha medida que afecta a centenares de veciños e veciñas da comarca con movilidade reducida, entre eles os usuarios do Curso de Habilidades Sociais que se desenvolve dende hai cinco anos na aula adaptada e homologada no Mesón do Vento. Un curso ao que asisten unha veintena de usuarios con escasos recursos e procedentes de distintas parroquias e municipios. Dende o Concello de Ordes aclárase que a suspensión deste transporte ou o seu recorte supón na práctica e por imposibilidade de asistencia ao curso a suspensión do mesmo. Unha situación calificada de ‘moi inxusta’ pois o 065 é o único transporte do que dispoñen a maioría dos discapacitados que acoden ao dito curso, e a posible suspensión deste un retroceso da integración e promoción de cada un deles. Cabe sinalar que a pesar dos recortes que dende o goberno autonómico se aplicaron a esta iniciativa o Concello de Ordes continuou sufragando os gastos dunha educadora social e unha auxiliar de apoio. Todo elo co fin de priorizar a asistencia a un colectivo tan numeroso, vulnerable e en risco de exclusión social.
Por outra banda e dentro da orden da sesión plenaria celebrada esta semana os representantes da Mancomunidade acordaron solicitar unha entrevista co delegado de Gas Natural Unión Fenosa de Galicia. O obxetivo é o de abordar os continuos, múltiples e variados fallos que se rexistran no sistema eléctrico, así como os retrasos nas reparacións demandadas.
Ademais tamén se lle fará chegar á Xunta de Galicia a valoración dos danos ocasionados ata o momento polos continuos temporais que asolan a cada un dos municipios mancomunados, advertindo da necesidade de habilitar unha liña de axudas para a reparación dos destrozos e para o restablecemento de servizos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario