Concerto-homenaxe
ao gaiteiro Germán V. Soneira
Festa, memoria e
recoñecemento. Este domingo terá lugar a homenaxe ao gaiteiro en Bertamiráns da
man da presentación do libro-disco que lle dedicou a asociación A Regionalista,
que organiza este concerto xunto a Ames Novo.
Este domingo
16 de febreiro terá lugar un concerto de presentación do libro-CD en homenaxe a
Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas. Este acto está organizado
conxuntamente Asociación Cultural A Regionalista e Ames Novo, e en colaboración
da Asociación Cultural Follas Novas.
O acto de
homenaxe terá lugar este domingo 16 de
febreiro de 2014,
ás 18:00h. na Casa da
Cultura de Bertamiráns (Ames)
A Asociación
Cultural A Regionalista de Teo adicoulle un libro-disco a Germán V. Soneira, o
gaiteiro d’Os Lamas, que recolle a súa biografía e no que se fai un percorrido
por pezas que foron emblemáticas na súa traxectoria musical. Este gaiteiro da
parroquia de Framil de Biduido (Ames) naceu en 1939, e procedendo de familia de
gaiteiros participou desde novo na charanga do “Sexteto enxebre Hermanos
Lamas”, e despois tivo que marchar cara o Brasil onde botou boa parte da vida.
Germán ten a
particularidade de tocar e cantar ao mesmo tempo, como facían moitos gaiteiros
tempo atrás. A AC. A Regionalista e Ames Novo, en colaboración coa AC. Follas
Novas, queremos renderlle homenaxe para poder recoñecer a un símbolo da cultura
tradicional e popular, e facelo divertíndonos en comunidade co que sabe facer
de xeito magnífico, cantar e tocar a gaita. Como di o homenaxeado neste
concerto teremos garantido “farra pra diante”, chamamos a asistir o domingo en
Bertamiráns a toda a xente que saiba disfrutar da festa.
Pode
verse aquí un perfil do Sr. Germán
na páxina da AC A Regionalista,
e
Información do libro-disco
na Asociación de Gaiteiros Galegos.
Entrada no portal Praza de
Ames coa información e videos
do Sr. Germán

Ningún comentario:
Publicar un comentario