Silleda - o venres remata o prazo para anotarse o programa de balnearios


O prazo para participar no programa diurno de balnearios remata o vindeiro vernes día 29
-As sesións serán do 1 ao 5 de outubro no balneario de Cuntis

 O prazo para participar no programa diurno de balnearios remata o vindeiro venres día 29.  Esta iniciativa, organizada pola Deputación de Pontevedra, e na que colabora o Concello de Silleda, financiando tamén parte do custe, busca contribuir ao fomento do envellecemento activo e á mellora na calidade de vida dos maiores.
Os interesados poden anotarse nas dependencias da concellería de Benestar e Igualdade, no Centro Social de Silleda.. O programa, dirixido a persoas a partir de 50 anos ou pensionistas,  consiste en pasar  cinco tardes ou mañás seguidas da mesma semana (de luns a venres) nun balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das instalacións e volvendo á súa casa no mesmo día. Os participantes de Silleda, acudirán ao balneario Termas de Cuntis do 1 ao 5 de outubro próximos (só hai un turno este ano),  terán servizo de transporte e  de guía acompañante.
Outro dos requisitos que deben de cumprir os participantes é non padecer enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa e ter autonomía para participar no mesmo. 

Ningún comentario: