O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PRESENTARÁ UNHA MOCION NO PROXIMO PLENO PARA SOLICITAR QUE SE CONTINUE CO PROCESO DE HUMANIZACION DAS VILAS DE SILLEDA E BANDEIRA
PEDIRAN QUE SE MELLOREN AS RUAS PROXIMAS AS VIVENDA DE PROTECCION OFICIAL DENTRO DO ACORDO ASINADO COA ANTERIOR CONSELLERIA DE VIVENDA
24 de febreiro de 2010.- O grupo municipal socialista pedirá a traves dunha moción no proximo pleno que se continúe co proceso de humanizacion das vilas de Silleda e Bandeira, co arranxo de mais rúas para dotalas de espazos amplos para disfrute dos cidadáns.
Dende o grupo municipal, solicitarase que a Xunta manteña “o compromiso que existía entre concello, a asociación Olaia e a anterior conselleria de vivenda e solo” para dotar economicamente o concello para o arranxo das contarnas das vivendas de protección oficial.
No ano 2009 este acordo permitiu o arranxo da rúa Dos castros de Toiriz (antiga Rúa G), da Praza Mestre Mateo(antigamente fin ada rúa Moron) e a Praza Benito Rivas, cun importe total de 120.000 €.
O goberno socialista tiña o compromiso de recibir outros 120.000 € para esta anualidade 2010 para executar obras para mellorar o entorno urban dentro do plan de humanizacion das vilas de Silleda e Bandeira, dando así resposta con estas obras a resolución dos aspectos estructurais e funcionais das zonas próximas as vivendas promovidas pola Xunta de Galicia “ e que esperamos que co voto a favor do tódolos concelleiros a Xunta a manteña”
Co goberno socilista estes cartos íanse destinar o arranxo das rúas na contorna da vivendas de Protección Oficial do Concello de Silleda, promovidas na década dos 90 polo IGVS, e en concreto o arranxo da Rúa Campo de Arriba (antiga rua E).
A elección de esta rúa basease en que Campo de Arriba, e paralela a carretera N-525 no primeiro dos tramos, cunha curva caseque a 90 graos e ten doble sentido de circulación, dispón de aceras estreitas e as alturas dos inmobles fan de ela unha calle pouco soleada o que a convirte nunha rua pouco atractiva para disfrutar.
Outro dos valores que fan necesario o arranxo de esta rúa e que o é a primeira que ven os visitantes a Silleda que chegan pola N-525 dende Lalin, “e a imaxen dun pobo sempre é importante”
A proposta prantexada polos socialistas, e que lle fora presentada o delegado provincial de vivenda, incluía a posibilidade de eliminar un sentido de circulación co que pódense ampliar as aceras na marxen das vivendas con árboles, bancos e incluso algunha pequena zona de xogo o que melloraría o entorno e a calidade de vida dos usuarios.
Na calle producese un salto de nivel o estar no primeiro tramo lixeiramente encostada respecto a N525 quedando un pequeño reducto de terreo axardinado que tamén debería recuperarse
A inversión en esta rúa supón pouco custo xa que dispón de tódolos servizos de abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e pluviais, e non é preciso a súa mellora
Os socialistas recordan que tamén son necesarias facer inversións en outras rúas como a Rua Morón de Silleda ou a Rúa Maceira Boa da Bandeira, e irán presentando as súas propostas de humanización de aquí ata a celebración do pleno do mes de marzo
MEMORIA URBANÍSTICA
O planeamento urbanístico en vigor neste concello é o Plan Xeral de Ordenación Municipal
O chan en que intervimos está clasificado como chan urbano edificación pechada.
Xustificación:
Titulo IX Condicións de urbanización
Capítulo I Proxectos de urbanización
Tívose en conta na redacción do proxecto todos os puntos deste capítulo.
Capítulo II Normas a observar en obras e servizos
Viarios: Proxectáronse cumprindo as normas deste capítulo
Abastecemento de auga potable: Cúmprense as esixencias con conexión á rede de abastecemento municipal.
Evacuación de auga e saneamento: Cúmprense as esixencias con conexión á rede separativa de saneamento municipal.
Servizos eléctricos: Proxectouse cumprindo as normas deste capítulo
Capitulo III Inspección das urbanizacións
Cumprirase coas esixencias definidas neste capítulo con respecto a fiscalización das obras, control de calidade, revogación de licenzas e clasificación do construtor..
MEMORIA CONSTRUCTIVA
Demolicións
Realizarase a demolición das medianas que ocupa parcialmente a calzada con retirada de cascallos a vertedoiro autorizado.
Levantarase o pavimento de baldosa existente.
Movementos de terra
A orde, a forma de execución e os medios a empregar en cada caso, para o movemento de terras, axustarase ao establecido na documentación técnica e aos criterios da D.F.
Adecuarase o terreo ao establecido en proxecto.
Procurarase facer os movementos de terra mínimos necesarios para levar a bo cabo a realización do proxecto tal e como se indica nos planos que se achegan.
Cimentacións
Realizaranse zapatas para que sirvan de apoio ás luminarias Estes elementos uniranse mediante armaduras de aceiro aos elementos que sobresairán en superficie.
Baixo os bordos execútase unha base de formigón.
Pavimentos
O firme estará constituído polo existente cunha capa de rodaxe de mestura bituminosa tipo D-20k para nivelación e reparación. Nas zonas onde non existe calzada executarase unha base de zahorra natural de 25 cm. e posterior pavimentación segundo documentación gráfica.
O pavimento das beirarrúas estará constituído por beirarrúa de baldosa de terrazo decorativo de 40x40 cm como a das beirarrúas existentes, asentada sobre morteiro de cemento e soleira de formigón de 15 cm de espesor, contida lateralmente no seu lado de calzada mediante bordo de formigón prefabricado.
Xardinería
Protexeranse as árbores novas con estacas de madeira para evitar na medida do posible o seu desprazamento ata que as raíces aseguren a estabilidade da árbore. Procurarase elixir especies de tamaño superior a dous metros e plantaranse na estación que permita a súa supervivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario