PSOE SILLEDA

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE REY NON ACUDISE A UNHA INAUGURACION A QUE FORA CONVOCADA POLO DELEGADO DE GOBERNO ANTON LOURO

O socialistas lamentan que Rey non acudise a apertura do ultimo tunel do tramo do AVE Dornelas-Vedra, unha vez que fora invitado polo delegado do goberno Anton Louro.

Os socialistas afirman que foron convidados o acto pola propia secretaria da alcaldesa quen lles comunicou que dende o gabinete da Delegación do Goberno se informara da asistencia do delegado a dito acto, e que fora convidada toda a corporación.

No acto, estaban presentes todos os alcaldes dos territorios afectados por este tramo, Boqueixon, Vedra e A Estrada, asi como portavoces municipales e concelleiros da oposición de estos concellos “somentes faltaba a alcaldesa de Silleda quen nin siquera xustificou a sua ausencia xa que o delegado estuvo esperando no punto de encontro un cuarto de hora antes de dirixirse ata o tunel, por ver se chegaba”.

Os socialistas lamentan que “Rey desaproveite ocasións como esta, para poder plantexarlle o máximo responsable do goberno de España en Galicia novas propostas ou para interesarse polos proxectos ou infraestructuras que están en marcha no noso concello”

A portavoz socialista aproveitou a súa asistencia para falar co delegado e facer con el unha valoración de varios proxectos e infraestructuras que afectan o Concello de Silleda.

Ningún comentario: