Brión - Visita da Estación de inspeccion de vehiculos agrícolas

O Concello de Brión informa do cambio de ubicación da estación móbil UM3 que fai a inspección periódica obrigatoria de vehículos agrícolas e de obras e servizos, inicialmente emprazada en Viceso e que se trasladará ata as inmediacións da escola unitaria de Ons o luns 7 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas. 

Este cambio está motivado polas dimensións da unidade móbil, cunha plataforma de 40 x 22 metros, que non tiña cabida nin en Viceso nin en Luaña. Os veciños e veciñas que desexen realizar esta inspección deberán solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da web www.cycitv.com.

Ames - Reunión das comisións informativas previas ao pleno de febreiro

O Concello de Ames celebrou onte, venres 19 de febreiro, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de febreiro. Nestas comisións informativas abordouse a aprobación do Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016) da Deputación da Coruña, a aprobación do acordo regulador polo que se establece a mellora voluntaria de acción protectora da Seguridade Social nas situacións de incapacidade temporal dos empregados municipais e a aprobación inicial da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e a reutilización de datos do Concello de Ames. Ademais, trataranse catro mocións presentadas polos grupos municipais de Ciudadanos, Pacto por Ames e o Partido Popular.

A Deputación da Coruña publicou no BOP número 2, do 5 de xaneiro de 2016, unha convocatoria de axudas na que se enmarca o Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016). Dentro deste plan ao Concello de Ames correspóndelle o importe de 447.349,02 euros. Esta convocatoria de axudas permite adicar unha parte da contía asignada a cada Concello para a redución do endebedamento e outra parte a investimentos en obras. 

Tendo en conta os informes do departamento de Intervención, relativos ao nivel de endebedamento do Concello, establécese que segundo os criterios recollidos nas bases da convocatoria se sitúa nunha porcentaxe do 22,22%, débese adicar como mínimo a contía de 99.400,95 euros para á redución anticipada de débeda. Deste xeito, a proposta da Alcaldía que se someterá á aprobación do Pleno será que se adiquen 101.280,16 euros á minoración da débeda. Este importe dedicarase a saldar parte dun préstamo que se subscribiu cunha entidade bancaria.

Ademais, adicaranse 346.068,86 euros á reparación e acondicionamento do cemiterio municipal de Ames. Así, algo máis das tres cuartas partes desta subvención provincial será invertidas no arranxo e mellora das instalacións deste cemiterio. Está previsto que esta instalación estea en funcionamento antes do remate do primeiro semestre de 2016. Segundo indican dende o goberno municipal “as obras de acondicionamento desta infraestrutura municipal comezaran proximamente”.

Por outra banda, nesta proposta da Alcaldía tamén se inclúe as obras de ampliación do abastecemento de auga en Guimaráns e Quistiláns (Bugallido), dentro don Plan complementario, e que teñen un orzamento de 40.559,96 euros.

Ordenanza de transparencia

Outro dos temas que se abordaron nas comisións informativas foi a aprobación inicial da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e a reutilización de datos do Concello de Ames. A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) ten un modelo de ordenanza tipo de transparencia, que é a que se empregou para elaborar a ordenanza municipal que rexerá no Concello de Ames. O rexedor municipal, José Miñones, indica que “esta ordenanza ten o obxectivo de ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, así como regular e garantir o dereito de acceso á información municipal e establecer as obrigas de bo goberno que deben de cumprir os responsables públicos”.

Asemade, nas comisións informativas tamén se abordou a aprobación do acordo regulador polo que se establece a mellora voluntaria de acción protectora da Seguridade Social nas situacións de incapacidade temporal dos empregados municipais. Na Mesa Xeral de Negociación abordouse en varias ocasións a necesidade de contar cun acordo regular deste tipo. Unha vez se prestou aprobación ao borrador deste acordo regulador na xuntanza do pasado 20 de novembro de 2015 da Mesa Xeral de Negociación, agora é necesario que sexa o Pleno o que aprobe este acordo. Trala aprobación plenaria, deberase remitir o devandito acordo á oficina pública competente na que a autoridade laboral ordenará o seu rexistro e publicación oficial no boletín oficial que corresponda. 

Apartado de mocións

No apartado de mocións abordáronse catro mocións presentadas polos grupos municipais de Ciudadanos, Pacto por Ames e o Partido Popular. As mocións presentadas por Ciudadanos atinxen á eliminación da peaxe na AP-9 co obxectivo de reducir o tráfico rodado no núcleo urbano do Milladoiro e para a eliminación da cota fixa de afiliación á seguridade social dos traballadores de réxime autónomo e a simplificación da burocracia. 

O grupo de Pacto por Ames presentou unha moción para instar á Xunta de Galicia a reunir á Comisión de Seguimento do Plan do Transporte Metropolitano de Santiago. Tamén instan ao Concello de Ames a reunir o grupo de traballo creado en maio de 2015 conformado polos concellos de Ames, Brión, Teo e a Xunta de Galicia para analizar de forma específica as melloras a implantar no transporte público. Sobre este asunto, esta mesma semana na visita da conselleira de Infraestruturas a Bertamiráns, o alcalde de Ames, José Miñones, lembroulle a Ethel Vázquez que "dende hai un tempo solicitouse unha reunión con ela para tratar varios asuntos, entre eles a mellora do servizo de transporte metropolitano no concello". 

Por último, o grupo municipal popular presentou unha moción para a mellora do tendido eléctrico no rural de Ames.

Psoe Ordes - Demanda para retomar o nomeamento de filla predilecta de Isabel Zendal

O PSOE de Ordes instará ao actual Goberno municipal que continúe co expediente para o nomeamento como filla predilecta do Concello de Ordes, a título póstumo, de Isabel Zendal Gómez, veciña da parroquia de Parada e que foi un dos piares da expedición filantrópica contra a viruela que entre 1803 e 1814 distribuíu polo mundo a primeira vacina da historia contra esta enfermidade. Unha petición que os socialistas presentaran no pleno municipal celebrado en xaneiro de 2015, pero que quedou pendente da tramitación dun expediente instruído pola daquela primeira tenente de alcalde, Silvia Marín.

“Daquela se nos explicou que, de acordo co Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ordes, a proposta ten que nacer dun expediente tramitado polo Concello”, explica a voceira municipal socialista, Verónica Gómez Fuentes, quen engade que “agora o que queremos é que se continúe coa tramitación do expediente para poder propoñer a Isabel Zendal como filla predilecta de Ordes a título póstumo”.

A voceira socialista considera suficientemente probado que Zendal naceu na parroquia de Santa María de Parada, como proban as investigacións realizadas polo investigador Antonio López, e que son moitas as razóns que xustifican o nomeamento pois “esta veciña da Grela foi a única muller que participou na Expedición Filantrópica do doutor Balmis para distribuír de xeito gratuíto a primeira vacina contra a viruela por todo o mundo”. De feito, Zendal acumula máis recoñecementos fóra de España ca na súa terra. A Organización Mundial da Saúde ten recoñecida a Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión internacional e México considéraa a primeira enfermeira da historia da saúde pública do país, onde dende 1975 dá nome á medalla ao mérito en enfermería “Isabel Cendala Gómez”, así como á Escola de Enfermería de San Martín de Texmelucan (Puebla).

Fitosanitarios

Así mesmo, os socialistas presentarán unha segunda moción para que o Concello de Ordes inste á Xunta de Galicia a programar para este ano 2016 un plan especial e inmediato para dar resposta á demanda de todas as persoas que precisen acceder ao carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de nivel básico, toda vez que dende o 25 de novembro pasado só se poden vender estos produtos a titulares dun carné de aplicador-manipulador.

Finalmente, os socialistas volverán a pedirlle ao alcalde que membros da Policía Local acudan á hora da saída das clases do IES Nº 1 para evitar os caos circulatorios que se organizan na zona. Unha petición realizada xa polos socialistas na pasada lexislatura pero á que todavía non se lle ten dado unha solución. Ademais, pedirase o arranxo das fochancas do vial entre a rúa Coruña e a DP-5803 e da pista que vai a Guntín e pasa sobre o rego onde nace o río Mercurín, xa que a súa crecida das últimas semanas levou parte do asfalto.

Melide - XVII edición de Mercamelide deinverno

Chega a cita por excelencia do inverno, que xa vai pola súa décimo sexta edición, o Mercamelide de inverno. O Concello de Melide, da man da concelleria de Facenda, Turismo e Comercio ao cargo da cal se encontra Luis Arias, organiza conxuntamente con ASETEM como ven sendo habitual a feira de saldos do comercio melidá.

Hoxe as doce ten lugar a inauguración

Preto de 30 comercios locais que se reparte téxtil, calzado, plantas, froita, artículos de deporte, electrodomésticos, mobles…entre outros ofrecerán aoscompredores ávidas rebaixas que oscilan entre o 30 e o 50%. 

O Palacio de Congresos de Melide contará ademáis da zona de comercio, cunha área de xogos para os máispequenos que o sábado pola tarde se complementará con obradoiros pensados para os mesmos con animacións varias. Desta vez, recuperase así mesmo un doce tradicional da resposteríamelidense que son as rosquillas da sartén, que serán o reclamo co que os comerciantes agasallarán a todos e todas que compren algún artigo acompañado cunha taza de chocolate galego. Por outra banda, se farán sorteos de vales de 500 euros durante o fin de semana.

Axenda e tempo do venres 19 de febreiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Sonar - Tony Lomba & Elio dos Santos

Santiago - Ateneo - Exposición de fotografía 

Ames - Teatro do Morcego presenta "Presidente"

Santiago - Casa do Cabildo - Exposición de postais antigas da cidade



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra de Gabriel Tizón

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Ateneo de Santiago - Inauguración da exposición do obradoiro de fotografía

Hoxe venres, 19 de febreiro, ás 19.30 horas terá lugar no salón de actos do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) a inauguración da exposición “FOTOGRAFANDO DENDE O ATENEO”

Trátase dunha exposición multimedia, unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos durante o obradoiro de fotografía realizado durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2015 e que estivo impartido pola artista Soledad Felloza. A exposición conta con dúas partes: unha en formato tradicional e outra en dixital.

Lindeiros - Tony Lomba promociona o concerto de hoxe en Santiago cunha canción exclusiva



Hoxe na sala Sonar hai concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos, será as dez da noite pero como xeito de promoción a estes dous non se lles ocorreu mellor cousa que compoñer un tema propio para a cita, un tema no que invitan aos seus "feligreses" a acudir ao concerto

Ames - Teatro do Morcego presenta en Bertamiráns "Presidente"

Hoxe venres, 19 de febreiro, a representación "Presidente" abrirá, da man da compañía Teatro do Morcego, a programación teatral da primeira metade do ano en Ames. O escenario será a Casa da Cultura de Bertamiráns e as portas abriranse a partir das 21:00 horas. 

Dirixida por José Prieto, gañador en 2005 e en 2011 do premio María Casares nas categorías "Mellor texto orixinal" e "Mellor música orixinal" respectivamente, a obra conta no seu elenco coa participación de Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e de Federico Pérez. A obra, unha comedia satírica acerca da manipulación política, narra as preocupacións dun mandatario de Estado mergullado en plena campaña electoral. Todas as enquisas condénano á derrota e el, con medo a perder o poder do cargo que ostenta, decide tomar unha decisión drástica para mudar as tornas.

O presidente comeza así un tour polos fogares de distintas familais que recibirán a súa inesperada visita, todas elas moi distintas entre si: unha familia humilde cuxos membros se atopan no paro, unha familia conservadora preocupada polo que eles e elas consideran a perda de valores tradicionais do país e unha familia monoparental e antisistema. Coa palabra e convencido do poder da súa oratoria o presidente esforzarase en convencelos de que o voten nas urnas.

As entradas para esta obra están dispoñibles na Billeteira electrónica, á cal se pode acceder premendo nos banners da páxina principal da web municipal. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da representación na billeteira da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo xeral da entrada é de 5 euros.

Desconcierto Cultural - Este sábado Festival Primos Hermanos en Compostela

A cantautora alemá afincada en Asturias, Fee Reega, e o grupo power-pop Thee Operatorsserán dous dos protagonistas do festival Primos Hermanos, que terá lugar este sábado 20 de febreiro en Santiago de Compostela.

O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, completa o seu cartel conformado exclusivamente por artistas asturianos coa participación da banda soul-rock Autotan, o grupo de garage Bobkat'65, e o cabaré vangardista de Rodrigo Cuevas.

Todas as actuacións se distribuirán nos locais composteláns do Embora (Rodrigo Cuevas), a Casa das Crechas (Autotan e Fee Reega) e o Cachán Clube (Bobkat'65 eThee Operators). Tamén se celebrará un xantar de confraternidade galego-asturiana no restaurante Resas.

Os abonos para poder asistir a todos os concertos xa están esgotados dende fai máis de un mes, pero ainda hai dispoñibles entradas soltas para os concertos no Cachán Clube. Picanesta ligazón para mercalos.

Do mesmo xeito, as reservas para o xantar de irmandamento no Restaurante Resas están esgotadas, pero ainda te podes apuntar ao duelo de Cantigas vs Tonadas que hai preparado para a sobremesa, no que aprendices de trobadores, xograres frustrados e tenores tabernarios están convocados a participar. Ben a valente título individual, ou protexido dentro dun confortable grupo, podes apuntarte a través desta ligazón.

O festival terá unha segunda cita o próximo 5 de marzo en Oviedo que, nesta ocasión, estará protagonizada por artistas e grupos galegos. En concreto, desprazaranse á comunidade veciña diola, Os amigos dos músicos, Músculo!, Malandrómeda e Lengorón. Na capital ovetense contarase coa colaboración dos locais La Lata de Zinc e La Salvaje e as entradas ou abonos pódense mercar aquí.

Podes descargar a nota de prensa con información completa en galego, asturianu e castelán, picando aquí, e descargar imaxes en alta resolución picando aquí.

Santiago - Exposición de postais antigas da cidade

Baixo o título “Unha ollada ao pasado”, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, promove unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol. A mostra exhíbese dende mediados de novembro na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, onde se poderá visitar ata este domingo, 21 de febreiro. 

Estas imaxes forman parte da colección privada de Uxío de la Riva Pol, un coleccionista compostelán que as deposita no Museo do Pobo Galego en 1988. No seu conxunto son máis dun milleiro de postais, das cales se seleccionaron unhas 270 para exhibilas na Casa do Cabido.

A mostra abrangue dende os primeiros anos do século XX ata os anos 50-60. Nela pódense contemplar imaxes como a estatua de Montero Ríos na praza do Obradoiro, a de Ventura Figueroa fronte ao colexio de San Clemente (hoxe Instituto Rosalía de Castro), o desaparecido cuartel de Santa Isabel, a praza da Quintana arborizada, o edificio Castromil na praza de Galicia, o desaparecido sanatorio Baltar, as rúas ausentes de escaleiras ou a Exposición Rexional Galega de 1909, entre outras moitas. 

O compostelán Uxío de la Riva

Uxío de la Riva Pol (Santiago de Compostela 1936-2005), naceu na casa número 2 da rúa Nova. Por parte paterna, a súa familia establécese en Santiago no século XVIII. Entre as familias de la Riva e Pol houbo catro alcaldes de Compostela; familias que chegaron a rexer a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Caixa de Aforros e Monte de Piedade ou o Círculo Mercantil e Industrial.

Gran parte da súa actividade profesional desenvolveuna na Caixa de Aforros de Santiago. Ocupou cargos en varias agrupacións e asociacións da cidade como Cantigas e Agarimos ou o Casino. Formou parte da tuna compostelá e ata chegou a colaborar como extra nunha versión da película "La casa de la Troya".

A Uxío sempre lle gustou presumir da súa cidade e de ser compostelán, identidade que levaba con grande orgullo. Por todo isto non é de estrañar que se dedicase con entusiasmo a gardar a memoria da súa entrañable Compostela, a través da colección de tarxetas postais. Iniciou esta actividade sendo moi novo, cando descobre na casa dos seus pais uns exemplares moi antigos, o que o levou a atesourar máis dun milleiro unicamente da cidade de Santiago e que depositou no Museo do Pobo Galego no ano 1988.

Horarios da Casa do Cabido 

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata este domingo, 21 de febreiro. Poderá visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.

PP Ames - Demanda de arranxos dos cortes de suministro eléctrico no rural

O Grupo Municipal Popular no Concello de Ames vén de rexistrar unha moción na que solicita á empresa Gas Natural, ou calquera outra que preste servizos de abastecemento eléctrico no municipio, que inspeccione a rede de cara a detectar os puntos que provocan os cortes de subministro de electricidade nas zonas do rural. Así mesmo, o Grupo Popular demanda ás empresas eléctricas que reparen ou substitúan as partes do tendido eléctrico que se atopan en mal estado, así como os postes ou outros elementos sobre o que facilitan o subministro.

A moción do Grupo Popular lembra que os cortes de subministro no rural de Ames son continuos desde hai moitos anos, en especial nas datas en que as condicións meteorolóxicas son adversas, ben sexa por choiva ou vento. En concreto, durante o presente mes de febreiro os cortes de subministro eléctrico afectaron a varios núcleos do concello, como Pedrouzos, Bugallido ou Tapia, pero os problemas eléctricos tamén se viven con asiduidade noutras zonas como Ventosa, Cobas, Ames ou Piñeiro.

Estas continuas interrupcións eléctricas dificultan o normal desenvolvemento das actividades dos veciños nos fogares afectados, chegando en moitos casos a causar prexuízos económicos importantes.

A principal causa destes cortes eléctricos é a antigüidade do tendido eléctrico, polo que desde o Grupo Municipal Popular apoiase ás reclamacións que os veciños teñen feito á empresa Gas Natural para que actúe de maneira efectiva e solucione os problemas eléctricos nas zonas do rural de Ames.

Santiago Futsal - Tarde en familia coas categorías base

Hoxe venres será unha tarde de familia e amigos no Multiusos Fontes do Sar. Os 17 equipos que forman a base do Santiago Futsal, con máis de 200 xogadores e xogadoras nas súas filas, daranse cita mañá no Multiusos Fontes do Sar para realizar a xa tradicional foto oficial do club santiagués. Desde o equipo de psicomotricidade, pasando polos prebenjamines, benjamines, alevíns, os dous equipos senior femininos, o filial celeste e ata o primeiro equipo, con todos os monitores que forman esta gran escola, reuniranse para facer a foto oficial do Santiago Futsal tempada 2015/2016.

Ademais da foto oficial con todos os integrantes das escolas do Santiago Futsal, realizaranse fotos de cada equipo cos seus respectivos padriños (xogadores do primeiro equipo), así como fotografías individuais estilo ‘posado’ de cada xogador da base.

Para terminar a tarde, terá lugar un picnic infantil cortesía da empresa Airas Catering no hall do Fontes do Sar ao que unicamente asistirán os xogadores do Santiago Futsal, onde tamén poderán gozar da zona de inchables cedidos por Multixogo do Multiusos Fontes do Sar.

Pero a familia do Santiago Futsal volverá reunirse o sábado, no encontro que os ‘guerreiros da terra’ disputarán ante o FC Barcelona, para vivir xuntos o partidazo do primeiro equipo, animar aos seus e alentalos cara á vitoria. No descanso do devandito encontro levará a cabo a presentación oficial das categorías base do Santiago Futsal ante o público e ante os medios de comunicación.

USC - O equipo cadete da USC campión Galego por relevos mixtos de campo a través

No circuíto de campo a través de Rivadabia, o equipo cadete da USC proclamouse campión galego por relevos na modalidade mixta. Integrábano Rodrigo Tasende, Cristina López, Daniel Losada e Noa Vázquez-Sanluis.

Na mesma competición, tamén resultou meritoria a actuación do equipo infantil, ao rematar moi preto dos postos de honra, concretamente no quinto posto.

La Rosaleda - Se renuevan los convenios con las categorías base

Francisco Martín, presidente de la Federación Galega de Baloncesto, y Rafael Silva Agregán, director gerente de los Centros Sanitarios La Rosaleda, renovaron el convenio de colaboración mediante el cual el grupo hospitalario patrocina las categorías cadete, infantil y mini, tanto masculinas como femeninas, de las selecciones gallegas de baloncesto.

El convenio da continuidad a la relación que ya venían manteniendo ambas entidades desde el 1 de diciembre de 2014 y que ha resultado “sumamente satisfactoria” tal como ha explicado el director gerente de La Rosaleda en la presentación. 

Rafael Silva aseguró que es “un orgullo que las chicas y chicos de la selección lleven el nombre de La Rosaleda por toda España” y recordó la “especial implicación” del grupo que representa “con el deporte en general y con el baloncesto en particular”, tanto en categorías base como “al más alto nivel” y tanto en el ámbito deportivo como en el sanitario, “dando cobertura no solo a las lesiones deportivas sino haciendo una labor de prevención y correctiva esencial para el correcto desarrollo deportivo de cualquier persona”. 

El presidente de la Fegaba, Francisco Martín, resaltó también la importancia de la cobertura que presta La Rosaleda “en el ámbito de la prevención médica con las exhaustivas revisiones a las categorías inferiores que permiten que el riesgo se limite a una lesión pero no a un problema previo”, y agradeció el “apoyo de La Rosaleda tanto a nivel personal como de la propia Federación. 

El presente convenio tiene vigencia por un año, prorrogable “por períodos anuales sucesivos”, y permitirá a los Centros Sanitarios La Rosaleda continuar su labor de mecenazgo y apoyo al deporte, especialmente al deporte base “que juega un papel esencial en el desarrollo físico y psíquico de nuestros jóvenes”.

PP Santiago - Mocións presentadas ao pleno de febreiro

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, ofreceu unha rolda de prensa para presentar unha batería de mocións que trasladará ao pleno, relativas á Nave 5 da Praza de Abastos, ao transporte público ao polígono de Tambre e ao aparcamento disuasorio de Pontepedriña. 

“O destino final dos postos da Nave 5 segue a ser unha incógnita”, lamentou Agustín Hernández, quen criticou que, pasados 8 meses desde a chegada de Compostela Aberta ao concello, non hai noticias ao respecto do modelo que se ten decidido desenvolver neste espazo do mercado, tan só da retirada de forma unilateral das mesas, “sen consultar á Cooperativa da Praza de Abastos da necesidade ou conveniencia da retirada”. Os populares instan ao Goberno local a que desbloquee a situación da Nave 5 e convoque unha reunión coa cooperativa que xestiona a Praza e coa Asociación de Hostalaría para que se aborden as condicións do concurso para a concesión dos postos libres. 

Do mesmo xeito, o voceiro do PP esixe que, logo deste proceso de consulta, proceda a tramitación do concurso antes do primeiro semestre do ano. Agustín Hernández recordou que o Partido Popular tiña acadado o compromiso de facer público, antes da licitación, as condicións do concurso para que puideran ser consultadas e transmitidas as opinións ao respecto. O actual goberno non ten adiantado nada desta situación. A única novidade foi a organización na Nave 5 do Mercado de Nadal, cuestionada por boa parte da cidadanía e que o propio goberno recoñeceu que non tivo o resultado esperado. 

Do mesmo xeito, os populares interesaranse polo modelo de xestión para o aparcamento disuasorio de Pontepedriña. Dende a súa posta en marcha, moitas das prazas mantéñense ocupadas días e, incluso, semanas. “Adif puxo os terreos a disposición sen custe para o concello; a Xunta de Galicia fixo a obra sen custe para o concello; e o único que tiña que facer o concello era decidir a forma de xestión deste aparcamento”. “Non ten xustificación –continuou- que despois de todo este tempo o concello non fixera nada ao respecto de organizar, controlar e facer operativo ese espazo”. A iniciativa contempla, tamén, a mellora da sinalización vertical e horizontal e a iluminación do recinto para unha maior comodidade e, sobre todo, seguridade de todos os usuarios. “Parece ser que o concello tampouco tivo tempo para facer o contrato para que as luminarias funcionen”, denunciou. 

Para finalizar, os populares instarán ao Goberno local a que complete os trámites pendentes para ampliar as frecuencias do servizo de autobús urbanos desde o centro ao polígono do Tambre, para atender así unha demanda da Asociación da Área Empresarial. Neste senso, Agustín Hernández subliñou que “non entendemos a demora”, xa que o anterior goberno do PP xa tiña avanzadas as xestión coas empresas do transporte público e acordado ampliar a catro as expedicións, á espera de concretar os horarios. “Esta é a política habitual do goberno de Compostela Aberta: cando ten que facer unha xestión propia non é capaz, pero cando ten que reclamar a outras administracións esas mesmas xestións si que é moi esixente. Porque é máis fácil esixir que facer”, lamentou. “Non teñen nin a capacidade nin a dilixencia necesaria -continuou- para resolver este problema”.

Declaración ARI Vite

O voceiro popular referiuse, tamén, ás declaracións vertidas sobre o alcalde ao respecto da comunicación sobre o ARI de Vite. “É inaudito que un alcalde lle recrimine ao xefe da oposición por facer o seu traballo”, lamentou, xa que tal e como explicou, o único que fixo foi interesarse ante a Xunta de Galicia, en concreto o IGVS, polas xestións realizadas neste expediente, iniciado durante o mandato do PP. 

Agustín Hernández considera que tanto o alcalde como o concelleiro delegado deberían estar máis vixiantes sobre este asunto, xa que, desde o mes de agosto que foi aprobada a solicitude, pasaron xa 7 meses. Por iso mesmo, considera que o malestar do alcalde se deba máis a que “este portavoz fixo o que non soubo ou non quixo facer o seu concelleiro; quen ao mellor está agardando a chegada do novo director de área para coller o teléfono e chamar á Xunta”.

BNG Brión - Demanda de arranxos no Centro Médico

O BNG de Brión presentou unha iniciativa sobre o estado no que se atopa o Centro de Saúde de Brión.

O edificio presenta unha situación penosa con grandes deterioros debido as humidades e as filtracións de auga polosteitos. En especial atópansemoiodanadosos espazos que se atopan na zona da dereita do equipamento: teitos e paredes ennegrecidas, pinturas desconchadas, azulexos despegados e a piques de desprenderse, goteiras en certas zonas, etc.

Parece ser que as causas de non ter abordado os arranxos necesarios é debido a discrepancias entre o SEGAS e o Concello por problemas de competencias.

Nos imospropoñer que o Concello tome as medidas necesarias para que ben o propio Concello ou ben o SERGAS acometan canto antes os arranxosnascubertas e ondesexa necesario para resolver canto antes este grave problema que deteriorara cada vez mais este equipamento básico para os/as nosos/as veciños e veciñas.

Ames - Novas probas de reorganización do tráfico no entorno do CEIP da Maía e o IES de Bertamiráns

O Concello de Ames vai realizar durante o vindeiro luns, 22 de febreiro, unha segunda proba temporal para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil no CEIP da Maía e no IES de Ames, ambos os centros situados na localidade de Bertamiráns. Para iso vanse a desenvolver unha serie de accións puntuais como son habilitar unha beirarrúa na dársena de autobuses e establecer unha fila única de autobuses en vez das dúas que existen actualmente. A principal diferencia respecto á primeira proba, que se realizou no pasado mes de novembro, será que agora todos os alumnos/as do CEIP A Maía entrarán ao colexio pola porta principal do centro. Esta iniciativa vai ser posta en marcha entre os departamentos de Educación, Urbanismo e a Policía Local de Ames. 

O alcalde de Ames e responsable da área de Seguridade cidadá, José Miñones, solicita unha vez máis “a colaboración e comprensión da comunidade educativa de Ames para que este segunda proba se desenvolva con éxito e sexa a derradeira. Dende o goberno municipal cremos que a seguridade dos rapaces e rapazas é a primeira das prioridades, por iso estamos realizando estas probas co fin de reorganizar o tráfico nesta zona escolar e mellorar a seguridade peonil de todo o alumnado”. 

Por outra banda, o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, explica que “o pasado 15 de xaneiro eu mailo concelleiro de Urbanismo, Blas García, tivermos unha xuntanza coas ANPAS, coas dúas directoras destes centros escolares e coa empresa de autobuses que presta o servizo de transporte escolar, para fixar unha data para a realización desta segunda proba. A data elixida entre todos foi o luns 22 de febreiro. Posteriormente, deuse conta deste asunto nos consellos escolares do CEIP A Maía e do IES de Ames e concretáronse os detalles da proba que se realizará. Por último, dende hoxe dende os propios centros escolares estase informando a todas as familias sobre esta actuación”. 

Deste xeito, o Concello de Ames realizará o vindeiro luns 22 de febreiro unha segunda proba temporal para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil na contorna do CEIP A Maía e do IES de Ames, situados en Bertamiráns. Segundo o concelleiro de Educación “agardase que esta xa sexa a última e definitiva proba”. Debido a iso realizaranse unha serie de actuacións puntuais como son habilitar unha beirarrúa provisional na actual dársena de autobuses escolares, quedando simplemente unha fila de autobuses na parada actual, en vez das dúas filas de autobuses.

Acceso ao CEIP da Maía só pola porta principal

Tamén se habilitará unha dársena provisional de autobuses, situada entre as dúas portas de entrada ao recinto do CEIP A Maía. Todos os nenos e nenas que viaxan nos autobuses con números 1, 2 e 3 (na nova dársena) entrarán ao colexio, como xa é habitual, pola porta de acceso principal. Segundo explica David Santomil “esta é a principal diferencia respecto á primeira proba que se realizou no pasado mes de novembro. Agora todos os alumnos/as do CEIP A Maía entrarán ao colexio pola parta principal do centro”.

Ademais, impedirase temporalmente o aparcamento en batería de vehículos particulares na nova dársena do CEIP A Maía (uns 45 metros) e habilitaranse prazas temporais para discapacitados e comedor escolar. Finalmente, recoméndase o uso do aparcadoiro do pavillón polideportivo para os vehículos particulares, para evitar atascos nas zonas de entrada aos centros escolares. 

Por último, David Santomil, indica “ que durante toda a xornada de proba reforzarase a presenza da Policía Local nesta zona. Agradecemos a colaboración de todas as familias, nais e pais e agardamos que esta proba sexa de utilidade para mellorar a seguridade viaria e peonil nos centros escolares o antes posible. Este é un obxectivo prioritario para todos os grupos municipais que forman a corporación municipal e para a comunidade educativa de Ames. Temos o compromiso de facer todo o posible para solucionalo".

Teo - Programa de participación Camiños Seguros

O Concello de Teo avanza no programa de participación Teo decide: camiños seguros. Esta iniciativa pretende escoitar á cidadanía para a toma de decisións na xestión municipal e para a primeira experiencia apostouse por preguntar polas prioridades veciñais de camiños seguros e sendas peonís. 

Nestes días estanse enviando xa unhas fichas ás asociación para a recollida de información. Ademais dos colectivos calquera persoa particular pode cubrila, descargándoa da web municipal teo.gal e enviala ao Concello. Na ficha hai que indicar a proposta de senda, a utilidade da mesma explicando a que servizos da acceso, as persoas usuarias, ademais dos datos de contacto.

Durante o mes de xaneiro mantivéronse encontros públicos en Calo, Cacheiras e A Ramallosa para recopilar datos sobre a mobilidade no Concello de Teo e presentar o programa Teo decide: camiños seguros. 

A propostas de sendas pódense enviar ata o 26 de febreiro ao enderezo de correo electrónico teodecide@concellodeteo.com. Para calquera dúbida ou suxestión tamén se pode contactar cos seguintes números de teléfono: 609.909.564; 627.570.943 ou 629.747.336. Unha vez recollidas as propostas estas avaliaranse e debateranse nun Foro de mobilidade aberto que se fará no mes de marzo. 

Dende o goberno teense apostouse por comezar a traballar na participación cidadá co tema da seguridade viaria, por consideralo de interese maioritario. Teo decide: camiños seguros céntrase en deseñar sendas peonís que permitan á veciñanza desprazarse dun sitio a outro a pé ou bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar.

Santiago - Case 200 nadadores e nadadoras na Copa Galega Alevín de Inverno

Os días 20 e 21 de febreiro daranse cita na nosa cidade case 200 nadadores procedentes de 21 clubs distintos de Galicia. O equipo con máis representantes é o CN Portamiña de Lugo, con 19 nadadores, seguido do CN Ferrol, con 16, e do CN Liceo da Coruña, con 15. O club anfitrión, CN Cidade de Santiago, que organiza a competición en colaboración coa Federación Galega de Natación, participará con 9 nadadores.

O campionato servirá de proba de selección para o Campionato de España por Autonomías a celebrar os vindeiros 12 e 13 de marzo en Plasencia (Cáceres).

As probas comezarán ás 10:00 e retomaranse a partir das 17:00 horas. A concelleira de Deporte, Noa Morales, animou a toda a veciñanza a acudir ás piscinas de Santa Isabel esta fin de semana, nun evento que será positivo para o conxunto da cidade. Trátase da primeira vez que se celebra o Campionato Galego Alevín de Inverno na cidade, que se desenvolverá coa mesma estrutura que o autonómico.

Na rolda de presentación da proba, a concelleira estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón, e polo director técnico do Club Natación Cidade de Santiago, José Rioseco.

Ames - Actividades con motivo do 179 aniversario do nacemento de Rosalia de Castro

Onte a Casa do Concello acolleu a presentación da programación coa que, a vindeira semana e baixo o lema "Ames con Rosalía" conmemorarase o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, e o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, anunciaron os distintos actos e actividades, que comezan pendurando unha lona na Casa do Concello, como símbolo do compromiso do Concello co pensamento e coa figura rosaliana. As actividades continúan na colocación de poemas rosalianos nos escaparates do comercios amesáns e coa celebración dun acto literario-musical o mércores 24 de febreiro. A programación rematará cunha excursión a distintos lugares da Ruta Rosaliana. 

Na rolda de prensa, Isabel Vaquero expresou que un dos motivos desta programación é difundir o pensamento rosaliano "como xeito de recuperar o orgullo de quen somos e o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína das galegas e galegos". En todos estes actos convídase a "participar á veciñanza amesá". Ás 12:00 horas, trala presentación, colgouse a lona no balcón lateral da Casa do Concello. Nela figuran os versos "No sembrante a alegría, no corazón o esforzo". Ambos concelleiros subliñaron que simboliza " o compromiso do Concello de Ames co pensamento e figura rosalianos". Unha figura á que, dende Ames, se lle garda "unha querencia especial". 

As actividades coordináronse para ofrecer un programa "variado” no que poida particiar toda a cidadanía, pero con especial atención á poboación máis nova" que será, ademais, unha das grandes protagonistas do acto do 24 de febreiro e da programación especial que Radio Ames dedicará a Rosalía.

Campaña coa participación dos comercios amesáns

Afirmou Isabel Vaquero que, dende o Concello, "agardamos tamén implicar a toda a veciñanza, que todas e todos os amesáns se sintan orgullosos de quen son e de teren como veciña unha figura do talle de Rosalía". A concelleira de Normalización Lingüística engadiu que a obra e o pensamento rosaliano continúan a estar "totalmente vixentes na actualidade" e, ademais, "necesarios para acadarmos unha sociedade máis xusta".

A programación de Rosalía, continúa coa distribución polos establecementos amesáns de carteis cunha ilustración da poetisa, cedida por Rei Zentolo, acompañada duns versos. Da escolma de estrofas encargouse a experta na figura da escritora e membro da Fundación Rosalía, Dolores Vilavedra. Os carteis situaranse nos escaparates dos establecementos para, en palabras de David Santomil, "dinamizar o concello local á vez que se lle achegan ao público fragmentos da obra da poetisa". Os textos manteranse nos escaparates ao longo do mes de febreiro.

Acto central do Día de Rosalía de Castro

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle o mércores, 24 de febreiro, coincidindo coa data do nacemento de Rosalía, os actos de homenaxe á escritora. A entrada ao acto literario-musical será libre e completamente gratuíta. Arrincará coa presentación da Declaración institucional da Corporación Municipal do Concello de Ames, na que se declarará publicamente o compromiso do goberno municipal de continuar coa conmemoración desta data. 

Isabel Vaquero e David Santomil agradeceron "a participación de todas as persoas, tanto alumnado dos centros escolares amesáns, como á Asociación de xubilados e aos asistentes a Cursos de Lingua e Cultura Galega por acceder á colaborar coa lectura de textos e poemas escritos por Rosalía de Castro". "Tamén contaremos coa presenza de dous persoeiros sobranceiros de Ames, Maximino Viaño e a propia Dolores Vilavedra". 

Pola banda musical, a homenaxe contará coas actuacións da artista Xiana Lastra, que estará acompañada ao piano por Adrián Saavedra, colaboradora do disco "A miña primeira Rosalía" e do "irreverentísimo" cantautor punk O Leo i Arramecághona, quen participou no proxecto conxunto "150 cantares para Rosalía de Castro", libro dixital editado en 2015. 

Ames Radio contribuirá á celebración desta data ao longo de toda a semana "emitindo programación dedicada especialmente á figura de Rosalía de Castro. Na radio municipal realizarán lecturas da obra rosaliana varios veciños e veciñas do municipio; escritores e escritoras do talle de Séchu Sende, Manolo Portas, Mª López Sánchez ou Rafa Vilar falaran nas ondas do que significou para eles e elas o poñerse en contacto coa figura de Rosalía e a importancia que ten a súa figura na literatura e na historia galegas.

Excursión poética pola Ruta Rosaliana

A programación concluirá cunha excursión en autobús, con saída o sábado 27 de febreiro ás 10:00 de Milladoiro e ás 10:15 de Bertamiráns e que fará parada por algunhas das localizacións da contorna nas que se atopan edificios ou lugares pertencentes á chamada Ruta Rosaliana.

A primeira destas paradas atópase en xeografía amesá. É a casa onde Rosalía de Castro pasou os primeiros anos da súa vida, situada na Tarroeira, na parroquia de Ortoño. Trala casa a visita continuará por Bastavales, parroquia de Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizan un dos versos mais sonados da autora. O autobús porase entón en marcha cara o concello de Padrón, onde os excursionistas se apearán para facer unha visita a Iria Flavia e á Casa-Museo de Rosalía de Castro, a coñecida como "Casa da Matanza". A concelleira explicou que a excursión empregaríase tamén para "aproveitar e conectar a obra de Rosalía cos distintos lugares que compoñen a visita, lendo tamén algúns dos seus textos e aprendendo máis sobre a súa obra e o seu pensamento". 

O prazo de inscrición para participar na excursión finaliza o día 25 de febreiro. Pódese reservar praza chamando aos teléfonos 981 535 940 ou ao 662 377 215. O prezo da excursión é de "1,5 euros, a entrada á Casa-Museo de Rosalía".