A V Carreira Pedestre de Tordoia, Tordoia in Essence cumple este ano a súa quinta edición plenamente consolidada como unha cita imprescindible nas carreiras populares da comarca aínda que coa novidade de que se traslada de xullo a setembro. Cunha previsión de dar cita a preto de 200 corredores, hoxe 11 de setembro remata o prazo para inscribirse na proba, que terá lugar o sábado, 14 de setembro.
A carreira, que discurrirá pola localidade de Seixán, na parroquia de Cabaleiros, acolle numerosas categorías que engloban dende os atletas máis cativos-pitufos ata os máis veteráns, con distancias adaptadas a cada unha das categorías. Así a partir da categoría xuveniles en adiante (maiores de 18 anos) correrán a distancia absoluta da proba, 6.850 mentros mentres que os menores terán que cubrir distancias menores de entre 100 m (pitufos) ata 1800 en categoría infantil e cadete).
Haberá trofeos para os tres primeiros atletas de cada categoría e sexo así como premio para os mellores corredor e corredora de Tordoia, sen esquecer a camisola para todos os participantes. Apurando xa as últimas horas para inscribirse, desde o Concello de Tordoia anímase aos veciños a participar nesta iniciativa onde a maior parte dos participantes, preto do 80% son non federados procedentes da provincia da Coruña.
A inscrición é totalmente de balde nas categorías escolares mentres que para os maiores de 18 anos o prezo da inscrición é de 3 euros. Para facela os interesados poden dirixirse á Federación Galega de Atlétismo (http://www.atletismogalego.com ) antes das 22 horas de hoxe mércores ou ben recabar máis información a través do teléfono 981 683 006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario