O Concello de Tordoia está a organizar unha viaxe para os seus veciños da terceira idade con destino a Portugal. O prazo para anotarse no Concello remata o vindeiro venres, 1 de marzo, polo que o Concello aconsellas que os interesados confirmen a súa asistencia. A viaxe terá lugar o vindeiro 9 e 10 marzo e incluirá unha visita a Póvoa de Varcim e Porto con pensión completa en hotel de catro estrelas, comidas e guía turístico.
O importe, de 105 euros, abonarase no momento de facer a inscrición, polo que o Concello anima aos veciños a que organicen o seu tempo e ocupacións para anirmase a participar nesta viaxe organizada para pasar un par de días coñecendo Portugal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario