Santiago - Gospell , folk, paiasos e contos na xornada do Apostolo

Os protagonistas da xornada do luns 20 das Festas do Apóstolo serán The Gospell Times e Fetén Fetén que ofrecen sendos concertos á noitiña, na praza da Quintana e no Toural, respectivamente. Pero antes teremos moito Artellando: nos barrios (en Nemenzo, Santa Marta e O Castiñeiriño) e nos recunchos, en concreto no recanto de San Miguel (fronte ao Museo das Peregrinacións).

The Gospell Times
The Gospell Times
Poderemos velos na Praza da Quintana a partir das 22.00h e a entrada é libre, ao igual que todas as actividades destas festas. The Gospel Times é unha agrupación de profesionais de altísimo nivel que transmiten o máis refinado son do gospel. O seu repertorio está composto na súa totalidade de cancións tradicionais e ofrecen un concerto excepcional e pleno de soul. A formación está composta polas voces de Joyce Elaine Yuille, Julia Helen St.Louis, Wendell Torey Simpkins e Kenneth James Bailey. A sección rítmica desde fai vinte anos fórmana Michele Bonivento, Hammond B3, Stefano Calzolari, teclados, e Paolo Prizzon na batería.

Artellando
Feten Feten
O grupo folc burgalés Fetén Fetén formado por Jorge Arribas e Diego Galaz presentará mañá 20 de xullo o seu último disco, ‘Bailables’, a partir das 23:00 horas na Praza do Toural. Será dentro da programación ‘Artellando’ das Festas do Apóstolo 2015 prevista para este luns e que arrincará xa pola mañá e continuará pola tarde, no caso do horario diurno con actuacións pensadas para @s máis cativ@s.

Neste sentido, o recoñecido paiaso Peter Punk, que ven de estar de xira por Cracovia, será o protagonista hoxe do Artellando nos Barrios. Ofrecerá dous pases do seu espectáculo infantil ‘O chungo que te cagas’, ás 12:30 horas no Centro SocioCultural Nemenzo, e ás 19:00 horas no Centro SocioCultural do Castiñeiriño. Tamén dentro do Artellando nos Barrios e tamén destinado ao público infantil, Chus de Xandobela estará no Centro SocioCultural Santa Marta a partir das 12:30 horas co seu espectáculo de contos ‘Pan e auga? Sopas!’.

O punto máis vangardista da xornada virá da man de Carlos Quintá, que ofrecerá un concerto performance dentro do Artellando nos Recunchos, na Praza Recantos de San Miguel, a partir das 22:30 horas baixo o título ‘Jean Vigo. A propósito de Niza’

Ningún comentario: