Plataforma Preferentes - Convocatoria diante dos xulgados de Compostela

Membros da Plataforma de afectados por preferentes e subordinadas de Compostela, terán presenza diante dos Xulgados de Compostela e asistirán á vista oral do xuízo que se vai celebrar o xoves 11 de setembro, a partir das 12:15 h., nos Xulgados de Santiago de Compostela, pola demanda interposta contra ABANCA (antes NovaGalicia Banco) por Ramiro Iglesias e Mª Jesús Froján, dous afectados de entre os máis activos do colectivo de preferentistas.

CONVOCAMOS A TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

Xoves 11 de setembro, ás 11:45 h. diante do edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela
(Rúa Viena, 1 - Polígono Fontiñas)

A plataforma de Compostela, que acordou xunto con outras continuar activa ata que a totalidade dos afectados recuperen o 100% dos seus aforros, recorda que:

Aínda quedan, aproximadamente, 20.000 personas en Galicia que aínda teñen bloqueados perto de 200 millóns de euros. Moitos deles confiaron na promesa de Juan Carlos Escotet, o novo dono de ABANCA trala venta de NovaGalicia Banco, de solucionar a problemática de todo o colectivo.

Continúan achegándose á Plataforma de Compostela afectados aos que agora os responsables da entidade bancaria remiten á vía xudicial como única saída. Nalgúns casos, e cando estas persoas esixen a solución prometida, o banco argumenta que non ten constancia de que foran titulares de preferentes ou que non lles consta documentación ningunha sobre os productos tóxicos que se lles colocaron de xeito fraudulento.

Neste momento as distintas administracións se desentenden e ignoran totalmente a problemática destas persoas, sendo os gobernos español e galego os responsables da mala xestión das caixas de aforros que foron nacionalizadas e, no caso de NovaGalicia Banco, vendidas sen ter solucionado completamente a estafa das preferentes e subordinadas.

Un obxectivo irrenunciable das plataformas de afectados é que se retiren las multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a membros das mesmas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galicia ronda los 20.000 euros. As plataformas afectadas veñen de recurrir nos xulgados do contencioso-administrativo varias destas sancións nestes pasados días, e teñen que afrontar cuantiosos gastos derivados destes recursos xudiciais.

Ningún comentario: