Amosando publicacións coa etiqueta FESTAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FESTAS. Amosar todas as publicacións

Santiago - Festas do Apostol

Segundo Branca Novoneyra, serán unha festas diversas en canto a estilos. "Poderemos escoitar dende o reagge de Gentelman and the Evolution e o rockabilly de Imelda May ata a revisión da canción tradicional mexicana de Lila Downs, sen esquecer o hip hop, o soul, o funk, o jazz, o gospel, a música electrónica, o tango, o rock e o folk; sen esquecer espazos de produción propia como a Banda e a Real Filharmonía, ou espazos tradicionais das festas coma o Día do Traxe e a Xornada do Folclore Galego", indicou.

Tamén se referiu á forte presenza no programa das artes escénicas, con teatro, circo, danza ou monicreques, intentando que "a arte volva á rúa" grazas a unhas festas "participadas, creativas e inclusivas, orientadas a un público amplo de idades".

Serán tamén unhas festas "de todos e para todos", cunha programación "expandida no territorio". Proba disto é que as actividades chegan a case 20 puntos do municipio, entre eles os barrios de Fontiñas, Sar, Vite, Conxo, Santa Marta, Nemenzo, Figueiras ou A Gracia, entre outros. Ademais, dixo, "quixermos recuperar espazos emblemáticos das festas como a praza do Toural, achegarnos ás prazas da cidade e volver polas rúas e recunchos escondidos que coñecemos os veciños da cidade e que queremos compartir cos miles de visitantes que recibimos nestas datas".

Artellando 
A concelleira referiuse tamén á aposta por "recuperar o pulso e vitalidade da cidade" a través dunhas festas nas que todas as actividades serán abertas e de balde. Ademais, engadiu, "quixemos abrir as prazas -tamén a da Quintana, tantas veces pechada nestes anos- e unha forte presenza de artistas que viven na cidade e constrúen a nosa cultura e unilos nun proxecto orixinal: Artellando".

Artellando é un proxecto que implica a máis de 130 artistas "traballando en rede, construíndo sobre o territorio un tecido cultural orientado a todos os públicos, con actuacións musicais e escénicas coas que queremos provocar experiencias novas", dixo. Esta proposta vivirase entre os días 18 e 23 de xullo, vencellada tamén á programación dos centros socioculturais.

Santiago - carta a Compostela de Roberto Vilar no pregón das festas do Apóstolo

“Queridos compostelans, veciños, xentes que estades dentro 
de min, amigos, paisanos, fillos…son Compostela, Campus 
Stellae, a cidade que vos vé, que vos mira, que vos sinte en 
cada unha das miñas pedras centenarias.

BRION - XXIII FESTA DOS VELLOS DE BRIÓN

PRETO DE SEISCENTOS VECIÑOS PARTICIPAN NA XXIII FESTA DOS VELLOS DE BRIÓN

Os presentes tiveron un especial recordo para Luciano Pena, funcionario xubilado que puxo en marcha esta festa e que participa por primeira vez nela ao cumprir 65 anos

4 de setembro de 2011. Preto de seiscentos veciños e veciñas de Brión, entre maiores de 65 anos e acompañantes, participaron hoxe domingo na XXIII Festa dos Vellos de Brión. Unha celebración que tivo lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos e na que os brioneses disfrutaron dun xantar de confraternidade.

Servido polo restaurante A Magdalena, o menú estivo composto, como xa é tradicional, por empanada, polbo e carne ao caldeiro, así como postre, café e bebida. A charanga Os Celtas de Negreira encargáronse de poñer a nota musical.

Como anfitrión da festa, o alcalde de Brión, Xosé Luís García, tivo palabras de agradecemento para todos os participantes na Festa dos Vellos e os animou a “seguirdes activos e seguir colaborando na construcción de Brión”. Xosé Luís García asegurou que “o Brión de hoxe é posible grazas ao voso traballo e nestes momentos de crise necesitamos máis do voso consello pois vós sí que sabedes o que son as crises e que ás persoas hai que valoralas polo que son e non polo que teñen”.

Finalmente, o alcalde brionés tivo un especial recordo para Luciano Pena, funcionario xubilado este ano e que foi o principal artífice da posta en marcha da Festa dos Vellos hai 23 anos. “Hoxe participa por primeira vez nela como un máis, pois vén de cumprir os 65 anos”, lembrou Xosé Luís García. Todos os asistentes uníronse nun sonoro aplauso cara Luciano Pena.