“Queridos compostelans, veciños, xentes que estades dentro
de min, amigos, paisanos, fillos…son Compostela, Campus
Stellae, a cidade que vos vé, que vos mira, que vos sinte en
cada unha das miñas pedras centenarias.
Anos levo querendo
falar con vos, pero normalmente ides tan rápido polo día que
pasades sobor de min case sen pisarme, e pola noite non son
quen de atoparvos, de xuntarvos canda a min. Por iso vou a
proveitar esta ocasión en que vos teño aquí xuntiños no centro
do meu corazón, na praza onde nacín, dende onde medrei, no
Obradoiro que me creou, na vosa praza e a de tódolos
Galegos, a de todolos que me visitan…a praza do Obradoiro.
Quero decirvos que estou ben, un pouco velliña e as veces
cansada, pero ben, feliz. Feliz de tervos en min. Quérovos dar
as gracias a todos, e por todo, por tanto que me destes, que me
dades…polos vosos antepasados que tanto recordo e boto de
menos, polos que vos quixeron e polos que quixestes, gracias.
Gracias por quererme, por quererme como son, calada,
humilde, sincera, escoitadora, sixilosa na noite e sobre todo
abrazadora, abrázovos hoxe aquí como cada noite o fago
cando ides a durmir, como o fai unha nai co seu pequeno. 3
Gracias aos que traballades aquí, a os que vos esforzades cada
día por estar mellor e porque eu luza mellor e mais xeitosa,
gracias ao meniños que corredes sobor de min, que berrades
nos meus parques e nas miñas alamedas, gracias a os avós e ás
avoas que pasean cos seus netos mirandome de frente en cada
rúa. Gracias a os que estudiades en min, nas miñas
universidades, en vos especialmente confio para lograr un
futuro que eu si sei que teredes e merecedes. Gracias aos que
peregrinades ata o interior da miña alma, a miña catedral,
gracias por deixarme ver e sentir o esforzo do voso camiño,
por mirarme con bagoas nos ollos dende o monte do Gozo.
Gracias a todos os que dende moi lonxe vides a visitarme,
gracias a meus fillos por coidar de esta xente viaxeira e
peregrina. Gracias por quererme, por amarme, por falar tan
ben de min..escoitovos, todolos dias escoítovos, véxovos,
síntovos, pero sobre todo emocionome e choro bagoas de
choiva miudiña, cada vez que acariñades unha das miñas
pedras, cada vez que mirades cara arriba nunha rúa estreita e
dicides---Dios que bonita é esta ciudade, que bonita é
Compostela…que bonito e sentirvos hoxe aquí. Quérovos,
quérovos tanto que o día 24, coma tódolos anos, voltarei a
estoupar de Ledicia, abriréi o ceo con miles de cores, e todos
xuntos miraremos hacia arriba e diremos…Qué bonita eres
Compostela!
Ningún comentario:
Publicar un comentario