TORDOIA
INSTALARÁ DÚAS NOVAS ANTENAS DE TDT PARA MELLORAR A COBERTURA DO MUNICIPIO
Antonio
Pereiro mantivo unha xuntanza co secretario xeral de Medios para trasladarlle
os problemas de recepción do sinal dixital
4 de marzo 2011.- O Concello de Tordoia instalará dous novos
reemisores de TDT para paliar os problemas de cobertura do sinal dixital que
sofre este municipio. Esta foi unha das principais conclusións que o Alcalde de
Tordoia, Antonio Pereiro, obtivo trala xuntanza que mantivo hoxe co secretario
xeral para as Relacións cos Medios, Alfonso Cabaleiro, e co subdirector de
Telecomunicacións, Ignacio Otero.
O rexedor tordoiés mantivo este
encontro cos responsables autonómicos, aos que lles trasladou a necesidade de
instalar novos reemisores que cubriran as zonas de sombra que se detectaron
neste municipio. Tras un estudio pormenorizado, Xunta e Concello acordaron a
instalación de dúas antenas de TDT que se ubicarán no lugar de Fares, na
parroquia de Viladabade e que dará cobertura a esta parroquia e a de Tordoia; e
outra no lugar de Portociños, en Gorgullos, e que dará cobertura a esta
parroquia e a veciña de Numide. A instalación dos equipamentos correrá a conta
da Xunta de Galicia mentres que o mantemento e o subministro eléctrico das
casetas será responsabilidade do Concello. A mellora da cobertura beneficiará a
uns 900 veciños das catro parroquias.
Segundo explicou Antonio Pereiro,
“estamos moi satisfeitos do resultado da xuntanza, posto que vimos unha grande
sensibilidade por parte do secretario xeral de cara a poñer as medidas
necesarias para que toda a poboación poida acceder á TDT posto que o obxectivo
é que o 100% da poboación poida acceder a esta tecnoloxía”. Neste sentido,
Pereiro Liñares explicou que na xuntanza tamén se abordou a posibilidade de que
aquelas vivendas que queden ailladas ou en sombra poidan acceder a instalación
dos receptores vía satélite. A intalación destes receptores ten que ser
aprobada pola Xunta de Galicia tras facer unha análise por parte dos técnicos
sobre as posibilidades de recepción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario