BNG AMES - MESA LOCAL DE COMERCIO



O BNG de Ames esixe ao goberno local que constitúa canto antes a Mesa Local de Comercio

Ames (08.03.11) O BNG de Ames ven de presentar un escrito dirixido á concelleira de desenvolvemento económico solicitando que se “constitúa canto antes a Mesa Local de Comercio”, tal e como sinala a Lei de Comercio Interior de Galicia aprobada en decembro de 2010.  
En dita lei sinálase que este órgano deberá existir en cada concello e “actuará como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración local e os axentes representativos do sector comercial”. Neste senso, a concelleira do BNG de Ames, Olalla Alvite, lembra que “é ao concello a quen lle corresponde a convocatoria da Mesa Local de Comercio e “as asociacións de comerciantes están á espera”.
Olalla Alvite sinala que “é imprescindible a convocatoria da Mesa para que as asociacións poidan por en marcha as iniciativas que teñen na súa axenda, como por exemplo, a Expoliquidación”, ao tempo que afirma que “non nos vale de excusa que a Mesa non se ten constituido aínda porque houbo cambios nas directivas das asociacións de comerciantes, posto que a designación pode ser por cargo de presidencia independentemente de que cambie a persoa”. 

Ningún comentario: