PSOE SILLEDA - CENTRO DE DIA


OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE DE NOVO A CONSELLERÍA DE TRABALLO DEIXE A SILLEDA SEN CENTRO DE DÍA RESIDENCIAL.
CRITICAN AO EXECUTIVO LOCAL POR ADICARSE A ANUNCIAR FUMES EN VEZ DE TRABALLAR POR CONSEGUIR ESTA INFRAESTRUCTURA.

10 de marzo de 2011.- Paula Fernández lamenta que a Consellería de Traballo volte a deixar a Silleda sen financiación para o centro de día Residencial no ano 2011, amparándose nuns estudios de viabilidade “que non semellan necesarios sabendo que Silleda non ten nin unha soa infraestrutura de estas características e que a nosa poboación a precisa”.
Espera que a Conselleira, empece, de unha vez, a ver esta  infraestrutura como prioritaria e “sexa pronto unha realidade”.
Acusa a Alcaldesa de retrasar sistematicamente calquera avance nesta materia e de manipular a opinión pública, facendo anuncios de cesións de terreos para a súa construción que non se concretan nun  convenio  e  propaganda barata “enviando a Consellería un proxecto dun centro de día Residencial, sabendo que non había financiación para elo”.
Lamentan que a despreocupación e a desidia este goberno retrasase este proxecto, o evitar, en primeiro lugar,  utilizar os terreos postos a disposición do Consorcio polo goberno socialista, perdendo mais de un ano en conseguir uns terreos novos “que por riba aínda non son propiedade municipal” e segundo por “preocuparse máis por saír na foto,mandando proxecto para os que non hai cartos,  que  por pedir a Residencia na Consellería”.
Exiselle á Alcaldesa unha explicación pública,  clara e concisa sobre  que xestións fixo perante a Consellería para conquerir esta infraestructura, e sobre porque non está a día de hoxe asinado o convenio coa semana Verde.  

Ningún comentario: