MELIDE - REDUCCION PREZOS PISCINA PARA DISCAPACITADOS


Melide rebaixa o prezo público da piscina climatizada para discapacitados

Ata este momento estes colectivos podían asistir dous días á semana por un prezo de 12 euros. Con esta modificación poderán usar a piscina catro días á semana polo mesmo prezo.
O equipo de goberno de Melide levou a pleno este mércores unha proposta para a modificación do prezo público da piscina climatizada para os usuarios que pagan a tarifa denominada “aboado especial”. Este grupo de aboados especiais abrangue a persoas con discapacidade.

Segundo a ordenanza que ata este momento marcaba os prezos de uso da piscina, as persoas que acreditasen algunha discapacidade podían usar a piscina municipal dous días á semana por un prezo de 12 euros/mes. Coa aprobación da proposta levada a pleno polo equipo de goberno de Melide –e que foi aprobada por unanimidade- este colectivo poderá usar a piscina catro días á semana polo mesmo prezo. Dende o equipo de goberno de Melide valoraron esta mellora como “un paso máis na loita contra a discriminación e tamén de cara á democratización dos edificios públicos”.



Ningún comentario: