O CONCELLO PREVÉ QUE NA FIN DE SEMANA SE ABRA Ó TRÁFICO O
CRUCE DA VEIGA DA BREA EN LUOU
O ramal entre Quintáns e Regoufe dirección Lampai permanecerá pechado uns días
máis pero poderase acceder á vía principal dende a igrexa de Luou
10 de marzo de 2011. O Departamento de Urbanismo e Obras municipal informa
de que as obras de saneamento en Luou, no cruce da Veiga da Brea –Quintáns-,
avanzan segundo o previsto e esta zona quedará liberada para o tráfico rodado
dende esta fin de semana.
Mañá venres 11 de
marzo está previsto rematar os traballos no cruce, afectado por un corte de
tráfico dende o pasado 28 de marzo. Deste xeito durante a fin de semana xa se
poderá usar con normalidade.
Sen embargo as
obras de saneamento entre os lugares da Igrexa e Quintáns seguirán afectando ó
ramal secundario que sae do cruce dende Quintáns dirección Lampai. Estas obras
continuarán durante uns días pero as persoas afectadas poderán acceder á vía
principal, a estrada que vai dirección Milladoiro, dende a igrexa de Luou.
O concelleiro de
urbanismo e obras, Rafael Sisto, destaca “a exemplar reacción da cidadanía
diante do corte sufrido nestes últimos días xa que a xente entendeu que as
obras teñen estes inconvintes, molestos pero imposibles de evitar”. Tamén hai
que “salientar a colaboración que tivemos coas empresas dos autobuses tanto dos
servizos escolares como das liñas regulares dende o momento que lles
plantexamos o problema” explica Sisto.
Durante estes días poderase consultar a información sobre os desvíos recomendados na web municipal www.concellodeteo.com ou no teléfono do Concello 981 815 700.
Ningún comentario:
Publicar un comentario