PP MELIDE - PETICION DE PRESTAMO DO CONCELLO


O PP informa de que Cea solicitará un cuarto préstamo de 500.000 euros para paga-las facturas dos dous últimos anos

·        A voceira popular afirma que a petición dun  cuarto préstamo pon de manifesto  a penuria económica na que está sumida o Concello tal e como advertía o informe da deputación feito público recentemente
·        Ánxeles Vázquez lamenta que Manolo Prado descoñecera que se fora a pedir un novo préstamo, feito que pon de manifesto a falta de entendemento do bipartito local

Melide, 5 de marzo de 2010. A voceira do PP de Melide, Ánxeles Vázquez, informa de que o actual goberno local solicitará un novo préstamo, por un importe de máis de 500.000 euros, tal e como deu a coñecer a Interventora na última Comisión Informativa. “A mala xestión económica do goberno municipal lévaos a ter que recorrer cada ano a un préstamo para tapa-los buratos económicos creados pola falta de control e rigor á hora de utilizar os cartos públicos”, denuncia Vázquez. E é que tal e como subliña, este é o cuarto préstamo que o actual equipo de goberno solicita no que vai de mandato. “Un préstamo por ano” critica Vázquez, quen lembra que os préstamos bancarios incrementáronse neste mandato un 300%, pasando de pouco máis de un millón de euros a preto de tres millón na actualidade, coa previsión dos 500.000 euros a maiores que teñen pensado pedir despois de aprobar o presuposto para este ano 2011.

Vázquez informa de que, no pleno dos orzamentos, que se celebrará o vindeiro mércores, esixiralle a Cea que explique “como é posible incrementar en 700.000 euros os ingresos en relación ó 2010, pasando de 5.219.453,52 euros a 5.952.824,22, no 2011; e aínda así ter que pedir un novo préstamo para facer fronte ás máis de 1.000 facturas que a día de hoxe seguen sen recoñecer.

Tal e como recorda Vázquez, a Deputación Provincial facía público no seu informe económico – financeiro a pésima xestión de Cea, á cal aconsellaban que emprendera de inmediato un saneamento nas súas contas. “Pero lonxe desto a actual alcaldesa pedirá un novo crédito por un importe de 500.000 euros, estrangulando aínda máis as contas municipais”, denuncia.

Por último, a voceira popular referiuse ó “espectáculo esperpéntico” que tivo lugar na comisión informativa, cando tivo que se-la propia Interventora a que lle notificou ó tenente de alcaldesa, Manolo Prado, que o concello ía a solicitar un novo préstamo. “Esto denota unha vez máis a falta de sintonía entre o matrimonio de conveniencia PSdeG – BNG”, denunciou. 

Ningún comentario: