O SERVIZO DE
EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN INCENDIO NUN ALPENDRE NA PARROQUIA DE ONS
O lume iniciouse ás 2:15 horas de hoxe e só causou danos materiais
9 de marzo de
2011. O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) sofocou esta madrugada un lume
que queimou un alpendre na localidade de Salaño Grande, na parroquia de Ons
(Brión). A rápida intervención dos efectivos do SEBRI evitou que o lume se
extendera á casa colindante e que só se produciran danos materiais no propio
alpendre.
O SEBRI recibiu o
aviso do incendio ás 2:15 horas desta madrugada e desprazouse ata o lugar con
dous vehículos: a Bomba Urbana Lixeira (BUL) e o vehículo de intervención
rápida (pick-up). Os traballos de extinción do lume extendéronse ata as 6:30
horas e a rápida intervención dos membros do Servizo de Emerxencias de Brión
permitiu tamén que os donos do alpendre tiveran tempo de por a salvo aos seus
animais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario