Comezan
os cursos de alfabetización dixital no rural amiense
Os
locais sociais de Bugallido, Agrón e Ameixenda acollen durante os meses de
febreiro, marzo, abril e maio cadanseu curso de iniciación á informática. O
obxectivo desta iniciativa é promover a alfabetización dixital para todas as
capas da poboación de Ames. O curso ofrece nocións básicas de word, access,
excel e power point para os usuarios/as. Ademais tamén coñecerán como funciona
o sistema operativo Windows. En Bugallido e en Agrón organizáronse cadanseu
grupo, mentres que na Ameixenda hai dous grupos. Cada un dos grupos está
formado por 12 persoas, polo que en total son 48 os amienses que se están
beneficiando desta iniciativa. Deste xeito dáselle continuidade ao programa de
dinamización dixital nas aldeas, que nas edicións anteriores xa recorreu as
parroquias de Piñeiro, Augapesada e Covas.
Na
actualidade a informática é unha ferramenta imprescindible na vida cotiá e
laboral de calquera persoa. Por iso o programa de dinamización dixital continuará
con novos obradoiros nas parroquias de Bugallido, Agrón e Ameixenda. Así, dende
a Concellaría de Cultura o que se pretende é concienciar á cidadanía amiense da
importancia da alfabetización dixital.
O
obxectivo destes cursos é dotar aos usuarios dunha serie de coñecementos
básicos sobre aplicacións de emprego habitual como son word, acces, excel e
power point. As persoas asistentes, que non tiveron contacto previamente con
estas útiles ferramentas para o día a día, poderán aprender a desenvolverse no
emprego das mesmas con eficiencia básica, de feito que poidan manexalas con
todas as posibilidades que iso lles ofrece. Ademais tamén se impartirán nocións
para iniciar aos usuarios/as no sistema operativo Windows.
En
Bugallido e en Agrón organizáronse cadanseu grupo, mentres que na Ameixenda hai
dous grupos. Cada un dos grupos está formado por 12 persoas, polo que en total
son 48 os amienses que se están beneficiando desta iniciativa. Este cursos de
informática están destinados a persoas de 18 anos en adiante empadroadas no
Concello de Ames.
O curso
de Bugallido desenvólvese os martes e os xoves entre as 17:00 h. e as 19:00
horas. O de Agrón impártese os luns e venres entre as 20:00 h. e as 22:00
horas. Na Ameixenda hai dous grupos, un asiste o mércores de 20:00 h. a 22:00
horas, e outro o xoves no mesmo horario. Estas accións formativas terán lugar
entre os meses de marzo e de maio. A duración total dos mesmos é de 40 horas.
Estes
obradoiros realízanse coa intención de que a alfabetización dixital chegue a
todas as capas da poboación amiense. Deste xeito dáselle continuidade ao
programa de dinamización dixital nas aldeas. Nas edicións anteriores estes
obradoiros xa se organizaron nas localidades de Piñeiro, Augapesada e Covas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario