A presentación
da campaña “Toma o relevo” centra a celebración do día da
muller en Ames
Un ano máis, con motivo da celebración
do día internacional da muller o 8 de marzo, o Concello de
Ames realizará un acto conmemorativo co que pretende
recoñecer a importancia da loita da muller por ocupar o
espazo que lle corresponde na sociedade. Así, o 12 de marzo
na Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir das 19:30 horas,
terá lugar este acto no que se presentará a campaña “Toma o
relevo”, que pretende promover e fomentar a responsabilidade
compartida das tarefas domesticas e no coidado de fillas/os
e familiares dependentes. A través desta campaña realizouse
un spot publicitario, que se estreará neste acto, unha cuña
de radio, que se emitirá en diferentes emisoras
radiofónicas, e diferentes elementos de cartalería. Tamén
haberá tempo para escoitar as intervencións dos diferentes
grupos municipais e dar lectura ao manifesto do goberno
municipal. O acto rematará coa proxección da película
“Señora de”, dirixida pola galega Patricia Ferreira.
O 51,57% da
poboación amiense son mulleres. Como no resto de municipios
de similar tamaño e poboación, existen unha serie de
necesidades que tratan de ser cubertas ben dende o Concello,
as administracións ou a sociedade civil por medio de
recursos normalizados a disposición de todos e todas. Sempre
aparecen colectivos con necesidades moi concretas que, por
diversas razóns, non atopan respostas ás mesmas dentro dos
recursos existentes. Hoxe en día, pódese afirmar que un
destes colectivos é o da muller e por iso trabállase para
satisfacer as carencias que poida ter este sector
específico.
Esta data recoñecida pola ONU conmemora a loita da muller a prol da súa participación, en igualdade de condicións ao home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro como persoa. Esta idea xorde a finais do século XIX en plena revolución industrial e o auxe do movemento obreiro e ten os seus precedentes na loita durante a Revolución Francesa pola consecución do sufraxio feminino.
O Concello de Ames adicará o 12 de marzo a recoñecer a importancia da loita da muller pola súa emancipación mediante un acto conmemorativo que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 19:30 horas. Este acto estará estruturado en tres partes.
Esta data recoñecida pola ONU conmemora a loita da muller a prol da súa participación, en igualdade de condicións ao home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro como persoa. Esta idea xorde a finais do século XIX en plena revolución industrial e o auxe do movemento obreiro e ten os seus precedentes na loita durante a Revolución Francesa pola consecución do sufraxio feminino.
O Concello de Ames adicará o 12 de marzo a recoñecer a importancia da loita da muller pola súa emancipación mediante un acto conmemorativo que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 19:30 horas. Este acto estará estruturado en tres partes.
Campaña “Toma o relevo”
Nunha primeira parte presentarase a campaña
elaborada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade que
versa sobre o tema “Toma o relevo” co que se pretende
concienciar aos homes da necesidade de corresponsabilizarse
das labores familiares e do fogar. Esta campaña consistiu na
difusión dun spot televisivo e unha cuña de radio nas
diferentes medios de comunicación da contorna. O spot e a cuña
teñen unha duración aproximada de 30 segundos.
No spot aparecen dúas mulleres correndo
nunha proba de relevo. Unha delas, chegada o momento de dar o
testigo ao seu compañeiro realízao con éxito, mentres que a
outra cando intenta realizar o intercambio ve como o seu
compañeiro cae. A continuación, nunha cociña, unha muller que
está a lavar os pratos pásalle un deles á súa parella para que
o seque co pano e a imaxe párase nese momento de intercambio
deixando ao espectador coa dúbida de se o home se vai facer
cargo da súa tarefa.
Deste xeito ben sinxelo pero cunha moi
explícita estrutura simbólica, o anuncio pretende reflectir a
necesidade de que os homes se responsabilicen en todos os
ámbitos da vida familiar e social nos que a muller realiza,
tradicionalmente, todas as labores. Unha segunda lectura
simbólica podería ser a necesidade de que os homes se
corresponsabilicen coa loita das mulleres e que estas poidan
pasar o testigo a estes e eles seguir nalgúns momentos a loita
con eficacia.
Ademais tamén se elaborou unha
serie de carteis non se pode ler, Lémbraste
dela?
De pequeno era o teu cabaliño. Cando cumpriches os 17 foi
a túa primeira guitarra. A última vez converteuse na túa
compañeira de baile. Non a esquezas, chámase vasoira e
tamén serve para varrer. Dálle uso, sentiraste ben.
Compartir o traballo doméstico tamén é cousa de homes.
Toma o relevo! Este texto está acompañado da
imaxe dunha vasoira. A través deste carteis preténdese
concienciar e educar en igualdade á veciñanza amiense.
A continuación, terán lugar as
intervencións dos tres partidos políticos con representación
na corporación municipal, e darase lectura á declaración
oficial do concello a prol da loita feminista.
Proxección do filme “Señora de”
Para finalizar o acto, e a partir das 20:15
horas terá lugar a proxección da película “Señora de”, un
filme da directora galega Patricia Ferreira premiado na última
edición da Seminci de Valladolid. Ames será un dos primeiros
lugares onde se proxecte este filme. Cómpre salientar que unha
das protagonistas desta película, Filomena Fraga, é veciña de
Ames e sempre estivo vinculada coa loita polos dereitos da
muller.
O filme pretende retratar a vida de
distintas mulleres (representacións ficticias de realidades
comúns) que pola súa condición sexual non se lles permitiu
cumprir cos seus anhelos máis básicos, ancoradas sempre a unha
presenza non sempre física do home como elemento de control,
contención e censura das súas actividades.
Este tipo de celebracións son especialmente
relevantes en concellos como o de Ames no que máis da metade
da poboación son mulleres e, polo tanto, a metade da poboación
debido á súa condición feminina ten na sociedade actual máis
dificultades para desenvolver a súa vida libremente e con
normalidade debido a unha serie de comportamentos, actitudes e
ideas anacrónicas que seguen a manifestarse en pleno século
XXI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario