SANTIAGO – ÁREA DE ESTACIONAMENTO NA ESCOLA DE SALGUEIRIÑOS

A Escola Infantil de Salgueiriños contará cunha área de estacionamento

04/10/2011 A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, realizou unha visita á escola infantil de Salgueiriños, actuación incluída no Urbana Santiago Norte, iniciativa financiada con fondos FEDER. Unha vez resoltas algunhas deficiencias atopadas no proxecto, que obrigaron a prorrogar as obras, o seguinte obxectivo do Goberno municipal é poñer en marcha a escola e construír unha área de estacionamento inicialmente non prevista.A concelleira visitando a Escola Infantil de Salgueiriños.

Segundo indicou a concelleira, a construción desta zona de estacionamento, malia non estar prevista no proxecto inicial, licitarase en breve e permitirá mellorar a mobilidade e a seguridade no entorno da Escola Infantil de Salgueiriños. A liña de aparcamento situarase na rúa lavadoiro e comprende a marxe da beirarrúa en contacto coa parcela da escola infantil e a polideportiva existente.
Actuarase sobre unha superficie de 273 metros cadrados e o investimento será de 22.115 euros. Esta área de estacionamento permitirá unha maior seguridade e comodidade para os pais que cada día deixarán os seus fillos na escola. Deste xeito evitarase que os vehículos invadan as beirarrúa e entorpezan o tráfico neste ámbito de Meixonfrío nas horas de recepción e saída dos pequenos

TEO - CURSO DE CANTOS DE BERCE E ARROLOS


CURSO DE CANTOS DE BERCE, ARROLOS... POR Ugía Pedreira e Rosa Bugallo

Achegamento ás nanas galegas cantadas por Ugía Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica en grupo. Tratarase o significado da voz nos primeiros anos de vida. No fin de curso os pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo para cantárllela aos pequenos.
Para participar é necesario facer unha inscrición previa antes do 9 de novembro, pois o aforo é limitado a 25 persoas. Pódese facer directamente na Mediateca do Grilo, Casa Común dos Tilos ou ben no Departamento de Cultura do Concello de Teo. Vía telefónica no 981815700 (ex:214) en horariode mañá ou no 981806400 en horario de mañá e tarde. Tamén no enderezo electrónico cultura@concellodeteo.com

Viernes, 11 de noviembre a las 17:30 - 12 de noviembre a las 13:00

BRION – SENDEIRISMO NO DIA DO PILAR

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA O 12 DE OUTUBRO UNHA RUTA DE SENDEIRISMO AO RÍO BELELLE (NEDA)

Mañá mércores remata o prazo para inscribirse na derradeira ruta de sendeirismo do mes de abril, prevista para o vindeiro día 30

4 de outubro de 2011. O Concello de Brión está a organizar unha nova ruta de sendeirismo ao río Belelle (Neda), que terá lugar o vindeiro mércores 12 de outubro. Unha ruta coa que o Concello de Brión cumpre o seu compromiso de organizar tamén andainas no outono, e non só en primavera e verán como viña acontecendo ata o de agora.

Esta visita á fervenza do río Belelle inclúe un percorrido diferente ao realizado o pasado mes de abril, na que participaran 35 veciños pero que quedara deslucida polas continuas choivas que acompañaron durante toda a xornada aos sendeiristas e que botou atrás a bastantes participantes. O novo trazado é de 16 quilómetros, dunha dificultade baixa, polo que está recomendada para todas as idades.

A ruta terá un custe de 8 euros, que inclúen o traslado en autobús dende a carballeira de Santa Minia, ás 8:30 horas, ata Neda (Ferrolterra). O xantar, tipo pic-nic, corre por conta de cada participante. A andaina permitirá aos participantes disfrutar da riqueza paisaxística e ecolóxica do río Belelle, especialmente coñecido na comarca pola súa impresionante fervenza. As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 antes do venres 7 de outubro.

Superar os 400 participantes BRION - SENDEIRISMO

Esta andaina polo río Belelle será a sexta iniciativa incluida no programa de rutas de sendeirismo 2011 organziadas polo Concello de Brión. Unhas iniciativas nas que xa teñen participado un total de 391 veciños e veciñas. Como en anos anteriores, a viaxe ás Cíes foi a que rexistrou un maior número de participantes (142), seguida pola ruta de sendeirismo entre o Monte Louro e Carnota, na que participaron 93 persoas.

Entre os meses de marzo e xullo realizáronse tamén rutas de sendeirismo aos muiños do Folón e do Picón no Rosal (68 participantes), a San Andrés de Teixido (53 participantes) e ao río Belelle en Ferrol (35 participantes). Todas elas contaron co acompañamento da climatoloxía, salvo o mencionado caso do río Belelle.

AMES – PSICOMOTRICIDADE 2011

Comeza unha nova edición do programa de Psicomotricidade educativa e preventiva

Preto de100 nenos e nenas de idades comprendidas entre 3 e 5 anos participarán nunha nova edición da actividade de Psicomotricidade educativa preventiva desenvolvida polo Concello de Ames. A actividade realízase nas aulas de psicomotricidade dos colexios CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e na Escola infantil do Milladoiro. As clases comezan durante a primeira semana de outubro nos tres centros de ensino. Esta xa é a sexta edición deste programa que ten como obxectivo favorecer no neno/a a expresión das súas vivencias, medos e emocións dun xeito espontáneo.

Co programa de psicomotricidade educativa e preventiva búscase traballar a expresividade motriz dos cativos e cativas para mellorar a súa relación co contorno e as condicións do seu crecemento como persoas. Nas sesións trabállase o movemento, a expresión oral e corporal e as manifestacións gráficas e plásticas. Ademais, estas clases tamén están orientadas a que os nenos e nenas se acostumen a respectar aos demais dentro dun grupo sen que teña que haber conflitos. O Concello aposta por axudar aos nenos e nenas a madurar na primeira etapa de escolarización.

Para conseguir iso traballase en grupos reducidos, durante unha hora de duración. Durante este curso hai tres centros de ensino que acollerán as clases de psicomotricidade educativa e preventiva. A EEI Milladoiro e o CEIP A Maía contarán con tres grupos mentres que no CEIP Agro do Muíño seguirá habendo dous. Estas actividades comezaron o día 3 de outubro no CEIP Agro do Muíño onde hai dous grupos (grupo A de 16:15 h. a 17:15 horas e grupo B de 17:30 h. a 18:30 horas). O dia 10 de outubro e a mesma hora a psicomotricista terá unha xuntanza na aula de informática cos pais/nais para darlles información sobre a actividade.AMES - PSICOMOTRICIDADE 2011
Para os martes quedan as sesión que se imparten no CEIP A Maía que comezaron a impartirse o día 4 de outubro. Neste centro de ensino dividiuse aos nenos/as en tres grupos (grupo A de 16:00 h. a 17:00 horas, grupo B de 17:10 h. a 18:10 horas e grupo C de 18:20 h. a 19:20 horas). O xoves día 6 será a quenda na Escola de Educación Infantil do Milladoiro. O primeiro grupo comezará ás 16:30 a 17:30 h, o segundo ás 17:45 a 18:45 h e o terceiro dende ás 19:00 ata as 20:00 horas. Os dias 4 e 6 de outubro e a mesma hora na que se imparte esta actividades a psicomotricista terá unha xuntanza cos pais/nais para darlles información sobre o programa de psicomotricidade. As listaxes cos horarios están expostas na Oficina Municipal do Milladoiro e na Oficina de Educación e Servizos en Bertamiráns.
Durante a primeira etapa infantil, ata os 6 anos aproximadamente, os cativos adquiren os coñecementos e aprendizaxes dun xeito práctico: a través da súa acción, do seu movemento. O corpo é a canle principal para aprender. Isto é así porque os nenos e nenas ata esta idade, 5-6 anos, atópanse nunha situación de "globalidade", e os avances que fagan a nivel motor van a permitirlle sentar as bases para estar preparados para outros aprendizaxes máis abstractos. Así por exemplo si un neno ou nena non experimenta suficientemente a nivel corporal, xogando, conceptos como arriba/abaixo, dentro/fora, adiante/atrás... será moi complicado que adquira habilidades como a lecto-escritura xa que nelas van implícitos estes conceptos.

Está demostrado que darlle aos cativos a oportunidades para que se movan nun espazo axeitado é favorecer o desenrolo global da súa intelixencia e ofertarlle unhas bases sólidas para futuros aprendizaxes. Cando un neno acada habilidades novas no seu movemento (saltar, trepar, equilibrarse...) experimenta sensacións moi pracenteiras de dominio, autoestima, poder... que lle permitirán sentirse mellor consigo mesmo e polo tanto tamén se sentirán mellor cos que o rodean e seralle máis fácil relacionarse con eles. Para concentrarse nas labores escolares nestas idades as veces tamén resulta complicado xa que os nenos e nenas aínda non teñen o nivel de maduración requirido para elo.
Estimula a creatividade
A psicomotricidade oferta un espazo preparado para potenciar os descubrimentos e creatividade dos nenos a través dunha dinámica de xogo libre. Movemento, acción, xogo e pracer son as primeiras claves no desenvolvemento motor e psíquico do neno. Tanto os materiais que se poñen a súa disposición, como a organización do espazo e do tempo, a estruturación da sesión... favorecen a maduración persoal e o avance cara a adquisición da identidade persoal.
As principais claves que se buscan con este traballo e que os cativos aprendan a entender e respectar a cada compañeiro; que confíen nas súas capacidades e nos seus recursos. Vai ser el, o mesmo neno, por medio do seu facer, do seu xogar, do seu movemento, da súa expresión... quen nos indique o que precisa, quen nos exprese os seus medos e as súas vivencias.
O obxectivo xeral que se persegue é apoiar e favorecer o desenvolvemento dos nenos e nenas. Outros obxectivos máis xenéricos son favorecer o coñecementos das partes do corpo; permitir a descarga de medos e angustias; tomar conciencia dos demais, das súas necesidades; favorecer o crecemento da autoestima, da autonomía persoal, do pensamento autocrítico, do autocontrol e potenciar a comunicación e o diálogo.

PSOE AMES – LIXO NO PASEO FLUVIAL DE BERTAMIRÁNS

Partido dos Socialistas de Galicia Grupo Municipal PSOE Ames COMUNICADO DE PRENSA

O paseo fluvial en Bertamiráns segue cheo de lixo e falta mobiliario urbano. Aínda que o goberno de Ames alardea da limpeza realizada no paseo fluvial, unha visita á zona a solicitude dos veciños, evidencia que o cauce do Rego dos Pasos está cheo de lixo, no que atopamos incluso carros de supermercado. Hai algún tempo que despareceu un banco de pedra, quedando no chan únicamente os pés. O banco segue sen repoñerse. Unha das varandas dunha das pontes de madeira está moi froxa, podendo supoñer un risco para quen se apoie nela. Isto é unha mostra do que sucede no día a día, a falta de interese e organización do goberno Amiense.

A resposta a unha pregunta no último pleno sobre o río Rego dos Pasos, o goberno de Ames segue a practicar o autobombo para xustificar a súa presencia ao fronte do concello. A tozuda realidade demostra o contrario. Basta que alardeen dun traballo feito para que ao achegarse á zona para comprobar os resultados, quedemos decepcionados. Neste caso falamos do paseo fluvial. O goberno de Amor e Argibay vendeu a súa limpeza e reparación de danos como un éxito de xestión, pero ao visitar a zona ante a insistencia dos veciños, atopámonos cun cauce cheo de lixo ao longo de Partido dos Socialistas de Galicia Grupo Municipal PSOE Ames todo o paseo (botellas, botes, plásticos de todo tipo, ferros, ..), incluso hai un carro de supermercado no cauce rodeado, como non, de bandexas de porexpan, bolsas plásticas de distintos productos e botes de refrescos.

Por se fora pouco, cando estábamos a mirar con asombro o resultado dese “esforzo de limpeza de residuos sólidos urbanos e outro tipo de residuos que se atopaban na zona do paseo, tanto no propio río coma nas zonas desbrozadas (está claro que os carros de compra e plásticos non son para o goberno de Ames residuos, deben entender que forman parte da paisaxe de ribeira) mantenemento e reparación”, ao tocar unha das varandas metálicas decatámonos de que está case solta, podendo supoñer un perigo que alguén se apoie nela con forza, xa que está preto de ceder. Tamén denunciamos que o xeito de reparar as varandas de madeira non responde ao modelo premiado co prestixioso galardón San Telmo do ano 2004, no que se loubaba o deseño e estética do paseo. Aínda mais, ao seguir neste paseo para “admirar o gran traballo de reparación feito polo concello” vemos que segue sen estar reposto un dos bancos de pedra, quedando no lugar só os pes a modo de recordo de que alí, unha vez, houbo un banco.

Por último, lle recordamos ao goberno bicéfalo de Amor-Argibay, que unha limpeza implica que non existan vertidos incontrolados, xa que na superficie de Rego dos Pasos era claramente visible unha prolongada mancha de aceite dun vertido de augas residuais que estivo sendo derramado ao río durante todo o día 2 de outubro. Aconsellamos ao goberno bicéfalo de Amor-Argibay que se coordinen e fagan unha xestión correcta do concello e, sobre todo, que antes de alardear dun traballo feito, se ocupen de verificar que realmente é así. Aos cidadáns non se lles engana con publicidade nin autobombo, aos cidadáns o que lles conta son os feitos e o anunciado no se corresponde coa realidade. É Partido dos Socialistas de Galicia Grupo Municipal PSOE Ames unha mostra mais da nefasta xestión do goberno de Ames, que a falta de ideas e programa, fanse eco dunha limpeza que, unha vez visitado o lugar, resulta non ser tal. Durante o goberno socialista limpouse e reparouse o paseo fluvial en numerosas ocasións, sen facer alarde delo. Entendíamos e entendemos que isto forma parte da labor cotidiana e que non debe ser motivo de autobombo.

Ames, 4 de novembro de 2011. O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos A. Fernández Castro.

AMES – VII DIA DA BICICLETA

Ames celebra o VII Día da Bicicleta a próxima semana

O Concello de Ames celebra o domingo 16 de outubro unha nova edición do Día da Bici. Nesta xornada, organizada polo Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, en colaboración coa organización deportiva Club Ciclista Ames, realizarase unha ruta pola contorna do Milladoiro. Prevese a participación na actividade de arredor de 150 amantes da bicicleta. Para participar neste evento deportivo cómpre inscribirse ben chamando ao teléfono da Concellaría de Deportes, o 981 884 991, ou ben a través do correo electrónico deportes@concellodeames.org. As inscricións poderán realizarse en horario de 9:00 h a 14:00 h ata o día 14 de outubro.

O VII Día da Bici celebrarase na área deportiva do Milladoiro e a actividade comezará ás 11:00 h da mañá. Será unha travesía de 7 km para persoas maiores de 7 anos que se desenvolverá por toda a contorna do Milladoiro. Os ciclistas vivirán unha viaxe domincal sobre rodas percorrendo a Travesía do Porto, as rúas da Costa Grande, de Pardiñeiros, de Anxeriz, da Curuxa e do Agro da Madalena a Travesía da Madalena e tamén as aldeas de Ventín, Paramuíño, Biduído, As Mimosas e Agrela ata volver ao pavillón deportivo. Os máis pequenos tamén disporán do seu particular paseo de domingo. Os cativos gozarán da experiencia ciclista nunha ruta de 1 km no que atravesarán o polígono industrial do Milladoiro.

A Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado porá a disposición dos veciños e veciñas de Bertamiráns que queiran participar nesta xornada un servizo de transporte de persoas e material dende a Praza do Concello que sairá ás 10:30 h. de cara ao Milladoiro.

Ante o alto nivel de contaminación que se vive nas cidades provocado en boa medida polos medios de transporte, a bicicleta sempre parece a mellor opción. Por iso, o Concello de Ames, comprometido coa defensa da natureza e do ambiente, quere facer fincapé nos beneficios deste medio de transporte que ademais de ser limpo favorece a saúde dos seus usuarios e usuarias.

BRION – PREGUNTA A AUGAS DE GALICIA SOBRE O RIO SAR

O CONCELLO DE BRIÓN PREGUNTARÁ A AUGAS DE GALICIA POLOS MALOS CHEIROS DO RÍO SAR AO SEU PASO POLO MUNICIPIO

Os veciños de Bastavales, especialmente da localidade de Chave da Ponte, queixáronse diante do Concello polos incremento dos malos olores dende o pasado venres

1 de outubro de 2011.- O Concello de Brión vai trasladar ante Augas de Galicia as queixas formuladas por veciños da parroquia de Bastavales polos malos cheiros que rexistra o río Sar ao seu paso polo municipio brionés. Uns malos cheiros que están a afectar especialmente aos veciños e veciñas da localidade de Chave da Ponte.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, explica que “son moitos os veciños de Chave da Ponte que se teñen queixado dos malos cheiros na zona, especialmente dende o pasado venres”. O alcalde brionés defende e apoia as queixas destes veciños pois “se ben é certo que nestes días hai un mal cheiro xeralizado que incluso se nota ao pasar pola autovía, no caso da Chave da Ponte a situación é xa esaxerada”.

A pesar de que as sospeitas veciñais están encamiñadas cara un punto concreto, o Concello de Brión preferíu optar por dirixirse a Augas de Galicia para trasladarlles estas queixas, na espera de que o foco dos malos olores poida localizarse e arranxarse coa maior premura posible.

PP OROSO – NOVO CENTRO DE SAUDE

Sanidade pretende ponerlo en funcionamiento a lo largo de este mes

Balado agradece a la Xunta la inminente apertura del centro de salud de Oroso

· El portavoz popular critica que el alcalde se oponga a la aplicación del catálogo de medicamentos

· Balado le recordó al alcalde, el socialista Manuel Mirás, que “gracias al ahorro que suponen medidas como el catálogo de medicamentos, Oroso puede tener un nuevo centro de salud”

Oroso, 3 de octubre de 2011.- El portavoz del Partido Popular de Oroso, José Manuel Balado, ha agradecido a la Xunta de Galicia que mantenga su compromiso de poner en marcha el centro de salud de Oroso, “a pesar de las estrecheces financieras a las que están sometidas las administraciones públicas”.

Para Balado es muy significativo que la Consellería de Sanidade tenga prevista su inminente puesta en funcionamiento, a pesar de encontrarnos fuera del período legal de inauguraciones que marca la ley electoral. “Esto demuestra que la prioridad de los responsables de la Xunta no es salir en la foto”, -afirmó- “sino el bienestar de los ciudadanos, que ganarán en calidad de vida con la apertura de este centro”.

Habida cuenta de su importancia, el portavoz del PP de Oroso se muestra sorprendido de la postura del alcalde, el socialista Manuel Mirás, respecto a la moción presentada por el grupo popular en el último pleno. En ella los populares abogaron por la aplicación del catálogo de medicamentos, “pero el gobierno municipal votó en contra y tumbó nuestra propuesta”, afirma Balado.

Con esta nueva negación, se confirma que la postura del gobierno municipal “siempre ha sido la del no por el no”, critica Balado, el cual le recuerda al alcalde que “gracias al ahorro que suponen medidas como el catálogo de medicamentos, Oroso puede tener un nuevo centro de salud, aún con los duros tiempos que corren”. “Es una incongruencia alardear de este centro en los medios de comunicación y luego votar en contra de las medidas que lo han hecho posible”, finalizó Balado.

MANCOMUNIDADE DE ORDES – PETICION DE MELLORA DA ESTRADA ORDES - CERCEDA

O PLENO DA MANCOMUNIDADE SOLICITA A AXILIZACIÓN DA SINATURA DO CONVENIO PARA MELLORAR A ESTRADA ENTRE ORDES E CERCEDA

Os alcaldes da comarca de Ordes traballan xa na posta en marcha dos servizos mancomunados de grúa e recollida de cans, así como establecer convenios coas Policías Locais para dar servizo a todos os concellos

Manuel Regos considera que a ampliación da estrada entre Ordes e Cerceda “é moi importante xa que comunica os polígonos industriais de ambos municipios”

3 de outubro de 2011.- O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou por unanimidade unha moción para solicitarlle á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria, Turismo y Comercio a axilización da sinatura do convenio para a mellora e ampliación da estrada que une Ordes e Cerceda. Unha petición que foi apoiada por todos os alcaldes reunidos hoxe en Cerceda xa que “é un vial moi importante para o desenvolvemento desta comarca, pois dará un mellor servizo ás empresas dos polígonos de Ordes e Cerceda e suporá tamén unha alternativa de saída á circunvalación que se está a construir”, explica o presidente da Mancomunidade, Manuel Regos.

As obras teñen un orzamento de máis de 2,8 millóns de euros procedentes do Plan Miner e foron conseguidas polo Concello de Ordes no ano 2008. O proxecto foi elaborado pola Xunta en 2010 (por un importe de 150.000 euros), polo que só resta a sinatura do convenio entre o Concello de Ordes, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio para que poidan adxudicarse as obras.

Características do vial

Uns traballos que inclúen o ensanche e mellora da estrada que une Ordes (N-550 á altura do polígono industrial de Merelle) con Cerceda (ata o límite municipal). Un vial de 8.275 metros de lonxitude e que pasa polos lugares de A Portela, Pedre, O Cruceiro, Bailia e Vilasenín. As obras teñen un prazo de execución de 24 meses.

Na actualidade, o ancho medio desta estrada é de 7 metros, dos que só 6 son aproveitables para o tráfico rodado. O novo proxecto contempla ampliar esta estrada ata acadar un ancho total da plataforma de 10 metros, con arcéns de metro e medio a cada lado. Unha nova anchura á que habería que engadir sendas cunetas dun metro de ancho cada unha.

Así mesmo, o proxecto contempla a mellora do firme da estrada, que pasará a ter unha categoría especial para soportar tráfico pesado, e varias actuacións nas cunetas para favorecer a evacuación do auga e impedir o seu taponamento pola maleza. Para a realización destas melloras será preciso repoñer os postes de electricidade, alumeado e telefonía existentes ao longo do vial, debido á súa proximidade á calzada.

Servizos mancomunados

Despois do pleno, os alcaldes participaron nunha reunión de case catro horas nas que comezaron a traballar nos primeiros servizos mancomunados que se van crear nesta lexislatura. “Imos intentar poñer en marcha os servizos mancomunados de grúa municipal e de recollida de animais abandoados, que non existen na actualidade en ningún dos concellos da comarca e que consideramos moi interesantes”, sinala Regos Boquete. Agora, os técnicos da Mancomunidade traballarán na busca de financiación para a posta en marcha destes novos servizos.

Así mesmo, os alcaldes tamén acordaron estudiar a elaboración de convenios de colaboración coa Policía Local para poder dar ampliar este servizo a aqueles municipios que non dispoñen del. Na actualidade, dispoñen de Policía Local os concellos de Ordes, Cerceda, Oroso e Tordoia. Finalmente, Manuel Regos tamén explicou que “os alcaldes falamos para poder acometer conxuntamente os arranxos naquelas estradas que crucen varios municipios, de xeito que non queden tramos arranzados e outros sen arranxar”.

A reunión de hoxe tivo lugar na casa consistorial de Cerceda e estivo presidida por Manuel Regos. Ademais, tamén participaron os alcaldes de Cerceda, Xosé García Liñares; Frades, Miguel Prado Patiño; Mesía, Mariano Iglesias Castro; e Oroso, Manuel Mirás Franqueira. Por Tordoia participou o seu primeiro tenente de alcalde, Amadeo Cancela, mentres que o alcalde de Trazo, Xosé Dafonte Varela, finalmente non puido participar na sesión.

TEO – XORNADAS CONSUMO RESPONSABLE

COMEZAN AS XORNADAS DE CONSUMO RESPONSABLE E AGRICULTURA ECOLÓXICA IMPULSADAS POLO CONCELLO E O SLG

· Un grupo de 20 persoas participan nas clases durante esta semana en horario de mañá e tarde

03 de outubro de 2011. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o concelleiro de Emprego, Anxo Rei, participaron esta mañá na inauguración das xornadas de consumo responsable e agricultura ecolóxica promovidas polo Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego.

Os responsables políticos amosáronse satisfeitos pola boa acollida que tivo a iniciativa xa que o curso comezou con 20 alumnos/as, o máximo ofertado. As clases desenvolveranse na Casa Común de Oza durante esta semana en horario de mañá e tarde.

Esta acción formativa está dirixida a persoas desempregadas xa que se trata dun curso de iniciación sobre agricultura ecolóxica coa intención de fomentar o autoemprego. Neste senso o rexedor teense dirixiuse ós participantes explicando que a intención do Concello é que este sexa un primeiro paso, pero que poidan existir actividades posteriores que lle dean continuidade ó curso. O Concello está traballando en propostas para potenciar a producción, comercialización e consumo de produtos ecolóxicos no ámbito local.

Entre os obxectivos do curso destacan dar a coñecer os fundamentos da agroecoloxía e a potencialidade do sector primario como alternativa laboral, fomentar o interese de persoas emprendedoras neste sector e potenciar o consumo responsable e a producción local.

AMES – ABASTECEMENTO DE AUGA POR BOMBEO

Despois de dous anos o abastecemento de auga do Milladoiro estará garantido por un bombeo en lugar dun grupo electróxeno

Co grupo electróxeno o Concello gastou preto de 80.000 euros durante dous anos

A nova instalación é autónoma, máis eficaz e máis barata

Nun período equivalente a dous anos aforraríanse un mínimo de 57.600 euros

Ames, 03 de outubro de 2011. Dende o ano 2009 o bombeo para o abastecemento de auga do Milladoiro a partir da primavera estábase levando a cabo empregando un grupo electróxeno co que se gastaron aproximadamente 80.000 euros, o que supoñía uns 6.400 euros ao mes en gasoil. O novo goberno municipal fixo as xestións necesarias para cambiar esas instalacións por un bombeo co que se aforrarán ao mes 2.400 euros e que non precisará ser colocado cada vez que baixe o caudal do río. A concelleira de Medioambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, Eugenia Martín Vicente, explicou que “é un importante avance non depender do grupo que había que instalar cada vez que baixaba o nivel do caudal do río Tambre, ademais trátase dunha instalación autónoma, máis eficaz, e máis barata”.

Ata o de agora as instalacións que se empregaban eran “un parche” explica Eugenia Martín, que indicou que o anterior goberno socialista tardou dous anos en axilizar os trámites para poder dotar ao concello desta instalación. Para instalar o bombeo era preciso pasar un cable pola estrada de Padrón, a N-550, e era necesario pedir unha autorización a Fomento, que o anterior goberno socialista só se lembrou de pedir o pasado mes de maio. O novo goberno amiense axilizou este trámite e solicitou autorización a Santiago de Compostela, municipio polo que tamén pasa parte do cableado.

O sistema de bombeo foi instalado o pasado día 15 de setembro e suporá un gasto mensual de electricidade duns 4.000 euros. Co grupo electróxeno consumíanse 190 litros  de gasoil por día e gastábanse ao mes arredor de 6.400 euros. O Concello calcula que nun período equivalente a dous anos se aforrarán 57.600 euros co novo sistema de bombeo. Ademais do aforro, a concelleira de Medio ambiente valora principalmente a autonomía e a maior eficacia do novo sistema que garante dun xeito máis económico e seguro o bombeo de auga para o Milladoiro e para outras localidades de Ames cando así se require.

SANTIAGO – DECISIONS XUNTA DE GOBERNO

O Concello acomete as obras de reparacións e mantemento nas rúas do Campus Vida

03/10/2011 A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria un orzamento de 20.000 euros para gastos de mantemento e reparación nas rúas do Campus Vida. Tamén se deu o visto bo a dúas partidas, que suman 39.375 euros, para traballos de mantemento nos centros escolares.

Este investimento de 20.000 euros enmárcase no compromiso nesta materia do Goberno municipal coa Universidade de Santiago, ratificado recentemente nunha reunión entre o alcalde, Xerardo Conde Roa, e o reitor da USC, Juan Casares Long.
Ademais e malia que non estaba previsto no convenio, o Concello vaise facer cargo tamén da reparación dos bancos do Campus que están en mal estado, actuando deste xeito sobre as beirarrúas e sobre os elementos arrincados das mesmas. A voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado anunciou que en vindeiras sesións se aprobarán novas partidas para estas obras, que no seu conxunto se estiman entre 200.000 e 300.000 euros.Vista do Campus.
Educación
A proposta do concelleiro de Educación, aprobouse un orzamento de 18.138 euros para obras de albanelería e pintura en varios centros de infantil e primaria. Destinaranse 7.502 euros ás reparacións do CEIP Vite; 10.353 euros ás do CEIP Pío XII e 282 euros ás do CEIP Monte dos Postes. Tamén se investirán 21.237 euros en traballos de posta a punto das instalacións de fontanería dos colexios de infantil e primaria.
A Xunta de Goberno tomou en consideración igualmente o convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo entre o IES Pontepedriña e a Concellería de Educación. Grazas ao mesmo, dúas alumnas do Ciclo Formativo Superior de Animación Sociocultural farán prácticas no Concello ata marzo de 2012. En concreto, desempeñarán as súas funcións na Escola Infantil de Conxo.
Mobilidade
En materia de Mobilidade, acordouse a solicitude á Xunta da prórroga de ocupación temporal da parcela que acolle o aparcadoiro de borde de Salgueiriños ata o 31 de decembro de 2012. Ao mesmo tempo, apróbase a prórroga da encomenda de explotación a TUSSA ata esa mesma data, nas mesmas condicións de xestión aprobadas ata o momento, para o caso de que a Xunta de Galicia autorice a prórroga de ocupación.
Esta prórroga permitirá a posta en marcha do punto de servizo para autocaravanas recentemente anunciado. Este é un estacionamento que, por outra parte, rexistra uns bos resultados de ocupación, especialmente grazas aos autocares, segundo indicou Paula Prado.
No caso do aparcadoiro de borde de Santa Marta –apuntou- estase a traballar nun plan para mellorar a súa ocupación, sobre todo incrementando a información a potenciais usuarios.
Deportes
Outro dos asuntos tratados na Xunta de Goberno foi a aprobación dos criterios de concesión das instalacións deportivas para a tempada 2011/2012, á vista das 30 solicitudes recibidas. Nestes criterios dáse especial preferencia ao deporte federado e de base das entidades deportivas debidamente rexistradas e que están a desenvolver unha importante actividade deportiva de carácter periódica.
Tamén se deu o visto bo ao inicio do expediente de contratación do servizo de mantemento e conservación dos terreos de xogo dos campos de fútbol de San Lázaro I, San Lázaro II e zonas verdes anexas do campo de Santa Isabel e San Lázaro (SERGAS), cun tipo de licitación de 66.012 euros.
Finalmente, aprobouse o reparto de subvencións para escolas deportivas entre oito entidades. Son case 20.000 euros que se distribúen do seguinte xeito:
- Club Deportivo Compañía de María: 1.464,23 €
- Club Baloncesto Cluny: 2.983,51 €
- Club Deportivo Lamas de Abade: 6.796,97 €
- Adeas CP Apóstolo Santiago: 400,65 €
- Club Deportivo López Ferreiro: 3.465,42 €
- Club Deportivo Conxo: 2.296,32 €
- Club ANPA da Sionlla: 1.594,07 €
- Sociedade Deportiva Villestro: 998,79 €
Emprego
Grazas aos Programas de Cooperación, vanse executar obras nas beirarrúas e accesos do tramo comprendido entre o Tanatorio de Boisaca e Meixonfrío. Estas actuacións suporán un investimento de 105.000 euros e permitirán a contratación de 10 persoas. O custo dos salarios é asumido pola Xunta de Galicia. Deste proxecto faise cargo a Concellaría de Barrios e Brigada de Vías e Obras.
Outras oito persoas serán contratadas para levar a cabo un Programa de Restauración e Mellora da Accesibilidade, cunha dotación económica de 37.000 euros. Realizaranse obras en Figueiras, A Barciela e O Paxonal.
Rehabilitación
A proposta da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, aprobáronse inicialmente axudas para vivendas da área de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, incluídas na cuarta fase do convenio de colaboración co Ministerio de Fomento, por un importe total de 71.040 euros, achegados a partes iguais polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia. Ademais, deuse o visto bo ás bases reguladoras da quinta fase da ARI de Vista Alegre e da segunda da ARI de Pontepedriña.
Sentenzas
Para rematar, a voceira da Xunta de Goberno informou de dúas sentenzas xudiciais contrarias ao Concello. A primeira delas obriga a pagar no prazo de 10 días as costas, por importe de 94.590 euros, ás empresas adxudicatarias do estacionamento no parque de San Xoán, en Vista Alegre, finalmente non executado.
A outra sentenza condena ao Concello a indemnizar con 34.142 euros ao propietario dunha parcela en Aríns, polo prexuízo causado a causa da expropiación de parte da devandita superficie. Esta cantidade é a maiores do que lles correspondeu pola expropiación.

SANTIAGO – AXENDA 4 DE OUTUBRO

Martes 4

11.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa directiva da Asociación Compostela Monumental. Asisten as concelleiras Reyes Leis e María Pardo

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Cultura, Ángel Currás, para presentar a programación de A Central Folque

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mercados, Reyes Leis, para facer balance da Feira Medieval.

12.30 h

Na sede de El Correo Gallego, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación da edición da Carreira Pedestre 2011.

20.00 h

No salón de actos da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á homenaxe a Gerardo Fernández Albor, organizada pola Real Sociedade Económica de Amigos do País.

20.30 h

No Auditorio de Galicia, proxección do Palmarés de Curtocircuíto 2011 dentro de +Curtocircuíto.

Galicreques

11.30h. No Teatro Principal, 'El Señor del Mar' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques.

20.30h. No Teatro Principal, 'Amor de cuentos' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques. Programación completa en www.galicreques.com.

OROSO – AUDIOVISUAL EN GOISOROSO ARTE

A PROGRAMACIÓN AUDIOVISUAL DO GOISOROSO ARTE CONTINÚA ESTA SEMANA CON DÚAS PROXECCIÓNS VENCELLADAS Á SOLIDARIEDADE

3 de outubro de 2011.- No marco da celebración da exposición internacional “GoisOroso Arte 2011”, que continúa aberta ata o vindeiro 11 de outubro, o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa continúa esta semana cunha programación audiovisual enmarcada dentro desta mostra, que xira arredor da solidariedade e o voluntariado. Así, mañá martes, 4 de outubro proxectarase no Centro Cultural a película “Qué bello es vivir”, de Frank Capra, unha historia de compromiso, valores e solidariedade imprescindible. A proxección comezará a partir das 19 horas. A esa mesma hora pero o vindeiro xoves, 6 de outubro, a programación co gallo da conmemoración do Ano Europeo do Voluntariado continuará coa proxección do documental “La espalda del mundo”, que segue tres historias de exclusión e inxustiza social en Lima, Turquía e Texas a través de historias reais dirixidas por Javier Corcuera.

SANTIAGO – ESTE MARTES NO AUDITORIO O PALMARES DE CURTOCIRCUITO

A programación celebrarase todos os martes ata o 13 de decembro

+ CURTOCIRCUÍTO ofrece mañá no Auditorio o Palmarés do festival neste ano

· As seis curtas premiadas nas distintas seccións da Semana Oficial da VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, proxectaranse ás 20:30 hs

Santiago de Compostela, 03/10/2011.- Mañá martes 4 de outubro, haberá unha nova sesión de +Curtocircuíto, programación que completa a VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, organizado pola Concellería de Cultura de Santiago de Compostela. Será o Auditorio de Galicia o que acollerá mañá ás 20:30 hs, o Palmarés de Curtocircuíto 2011, as curtas gañadoras das distintas categorías da Semana Oficial do Festival, e que o pasado martes foron proxectadas no Centro Sociocultural de Vite: El Somriure Amagat, Birdboy, El Grifo, Estereoscopía, Vicenta e Turning. SANTIAGO - CURTOIRCUITO TUNING

Estas curtas foron as galardoadas nas seguintes categorías: “El Somriure Amagat” (O Sorriso Escondido), de Ventura Durall, foi Premio á Mellor Curtametraxe Internacional; “Birdboy” (Neno Paxaro), de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, Premio á Mellor Curtametraxe de Animación; “El Grifo”, de Denis Rovira e Van Boekholt, Premio á Mellor Ficción de Compostelae e Mención Especial do Xurado Novo; “Estereoscopía”, de Xacio Baño, Premio Especial á Mellor Curta Galega; “Vicenta”, de Sam Orti Marti, Premio do Público e finalista na categoría do Premio á Mellor Animación Compostelae; e “Turning”, de Karni Arieli e Saul Freedg, do Reino Unido, que foi merecedora do Gran Premio Explora.

BRION – XXIX CARREIRA DA AMAÍA - RESULTADOS

AKKA ESSAÂDAOUI E RAQUEL SUÁREZ GAÑAN A XXIX CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA (BRIÓN)

Un total de 274 corredores na categoría adulta e 50 en infantil remataron a proba, que se viu condicionada polas altas temperaturas

3 de outubro de 2011.- A XXIX Carreira Pedestre da Amaía, disputada en Brión, tivo como gañador absoluto a Akka Essaâdaoui, de Salceda de Caselas, quen completou os oito quilómetros da competición nun tempo de 24 minutos e 36 segundos. O podio masculino completárono Rafael Fuentes Lubián, de Poio, e Juan Iglesias Carballo, de Santiago de Compostela.

En canto á competición feminina, a victoria correspondeulle a Raquel Suárez Pedrosa, de Santiago de Compostela, cun tempo de 30 minutos e 24 segundos. O segundo posto foi para a tamén santiaguesa Esther Pedrosa Carrete e a terceira praza conseguina Mela Penas Blanco, de Arzúa.BRION CARREIRA DA MAIA 2011

En canto aos participantes de Brión, o primeiro empadroado en acadar a meta foi Óscar G. Suárez, e a gañadora entre as veciñas Paloma Herbello Hermelo.

Un total de 274 corredores completaron a carreira na competición de adultos, mentras que na infantil chegaron á meta 50. Os menores de doce anos deron dúas voltas a un circuíto circular de 500 metros ao redor da Carballeira de Santa Minia. Na categoría absoluta, o percorrido de oito quilómetros supón case dous máis que na edición do ano pasado.

Precisamente este aumento da distancia e as elevadas temperaturas rexistradas na xornada deste domingo, con máximas superiores aos 30 graos, fixeron que a maioría dos participantes destacasen a dureza da proba e precisasen un maior avituallamento. O bo tempo é excepcional nos últimos cinco anos da Carreira Pedestre da Amaía, nos que sempre chovera ou se rexistrara moita nubosidade.

Nesta carreira, o Concello de Brión repartiu máis de 1.000 euros en premios entre as 13 categorías en disputa. Houbo trofeos e premios en metálico para os 6 vencedores absolutos, 3 homes e 3 mulleres, trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeos para o primeiro home e a primeira muller en cruzar a meta empadroados no Concello de Brión. Tamén se distribuiron camisolas e bebidas entre todos os participantes que chegaron a meta dentro do control, pechado 50 minutos despois de que o primeiro clasificado entrase na liña de meta.

AMES – ATA O 10 DE OUTUBRO EXPONSE O CENSO ELECTORAL

Ames expón entre os días 3 e 10 de outubro o censo electoral

Ames, 03 de outubro de 2011. O concello de Ames informa de que durante o período de revisión dos datos do censo electoral se ampliará o horario de atención ao público para posibles reclamacións. Este período abarca dende o luns 3 ao luns 10 de outubro, ambos inclusive. O horario de atención ao público durante estas xornadas será de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas de luns (día 3) a venres (día 7); o sábado (día 8) e o domingo (día 9) o concello abrirá de 10.00 a 14.00 horas e o luns día 10 (último día) o censo estará exposto de 9.00 a 14.00 horas. O lugar de exposición son as oficinas Municipais de Bertamiráns (Praza do Concello- Bertamiráns) e a oficina do Milladoiro (r/ de Abaixo num.10).

É importante que vaian a revisar as listas do censo  aquelas persoas que cumpliran a maioría de idade dende o pasado 22 de maio, cando foron as últimas eleccións, pois para  eles é a primeira vez que optan a exercer o seu dereito ao voto.

A documentación a aportar a efectos de consulta e reclamación é o DNI, o Pasaporte ou o Permiso de Conducir. O teléfono de consulta da Oficina do Censo Electoral é o 901 101 900.

c. a, bertamirans – O CLUB ATLETICO BERTAMIRANS EN BERLIN

O CLUB ATLÉTICO BERTAMIRÁNS LEVA O ATLETISMO AMIENSE ÁS RÚAS BERLINESAS

- Tres corredores do C.A. Bertamiráns participaron o pasado domingo na 38 edición do Maratón de Berlín.

- Con cerca de 40.000 participantes nun maratón considerado un dos máis importantes do mundo.

O pasado domingo 25 de setembro celebrouse na capital alemá a 38 edición do Maratón de Berlín, unha das carreiras populares máis famosas dentro do circuíto mundial de maratóns. Nesta ocasión, a proba contou con representación amiense, xa que tres corredores do equipo Club Atlético Bertarmiráns achegáronse a terras xermanas para participar nesta carreira, acabando con excelentes clasificacións.

José Cernadas, que se estreaba neste tipo de probas, acabou no posto 2.619 cun tempo de 3h 14'19", Manuel Gallego, que cumpría nesta proba o seu 25 maratón, acabou no posto 4.181 con 3h 24'41" e Mino Andrade que tamén conta no seu haber con varios maratóns, no posto 7.624 cun tempo de 3h 39’53”. Cabe salientar que nesta edición se sumaron un total de 40.000 inscritos, dos cales acabaron a proba 32.987.AMES - MARATON BERLIN

Hai que ter en conta que estamos a falar dun dos circuítos máis prezados para bater récords, tal e como ocorreu este ano no que o keniata Patrick Makau estableceu o tempo máis baixo da historia con 2h 03’38”, podendo falar desta edición coma o maratón máis rápido da historia, tal e como recollían os medios de comunicación alemáns ao termo da carreira.

Este circuíto presenta unha topografía practicamente plana o que permite aos corredores manter un ritmo constante e mellorar marcas. Ademais, no caso do domingo acompañou a climatoloxía, cun día soleado e unhas temperaturas que oscilaban entre os 10 e os 18 graos, circunstancia que tamén explica a presenza de milleiros de berlineses e visitantes da cidade nas rúas para animar aos corredores.

Entre esta afección atopábase tamén un nutrido grupo de amienses que acompañaron aos tres corredores do Club Atlético Bertamiráns animándoos dende distintos puntos da carreira e na súa entrada a meta, situada baixo a espectacular porta de Brandenburgo, símbolo e centro neurálxico da capital xermana.

Finalmente, cómpre felicitar aos corredores que levaron o deporte galego, e máis en concreto amiense ata as rúas berlinesas amosando así que o atletismo non ten fronteiras e que o nivel do deporte no núcleo amiense de Bertamiráns se atopa nun óptimo nivel, podendo competir honrosamente en calquera proba internacional, como quedou patente o domingo en Berlín.

SANTIAGO - Recepción á promoción de Dereito 1966-1971

02/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a promoción de licenciados da Facultade de Dereito 1966-1971.

Foi un acto emotivo, no que o alcalde convidou a falar a José María Frutos, quen fora profesor seu e da devandita promoción 1966-1971. Conde Roa dixo del que foi nexo de unión para unha xeración de avogados. En nome dos integrantes da promocion falou Juan Trillo Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo. Entre outros, tamén estaba presente Antonio Outeiriño, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Na sua intervención, o alcalde apuntou que "este encontro evidencia que os membros daquela promoción 1966-1971 conservaron a conciencia de ser promoción, e entenderon que a devandita conciencia era unha maneira de manter o ser universitario". Conde Roa referiuse tamén aos tempos que lles tocara vivir a esa xeración de estudiantes, recollidos incluso nun libro, e aos cambios que ten experimentado o Dereito a través das últimas décadas, protagonizando "a transición un Dereito sen Constitución a un Dereito plenamente constitucional

PSOE ORDES – XESÚS PEDREIRA DA O PREGON EN PIÑEIRO

XESÚS PEDREIRA LANZA UNHA MENSAXE DE ÁNIMO NESTES TEMPOS DE CRISE ECONÓMICA DURANTE O PREGÓN DAS FESTAS DO PIÑEIRO (ORDES)

Citanto a San Francisco de Asís, en cuxa honra se celebran as festas, o socialista pediulles aos veciños: “comeza facendo o que é necesario, despois o que é posible e de súpeto estarás facendo o imposible”

1 de outubro de 2011.- O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, deu esta mañá o pregón das Festas do Piñeiro, que se celebran hoxe sábado neste coñecido barrio da vila de Ordes. Pedreira Mirás aproveitou a ocasión para lanzar unha mensaxe de ánimo nestes tempos de crise económica asegurando que “xa saímos doutras peores e tamén sairemos desta crise económica coa axuda de todos”.PSOE ORDES - XESUS PEDREIRA PREGON PIÑEIRO

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes citou a San Francisco de Asís, en cuxa honra se celebran estas festas, e pediulles aos veciños: “comeza facendo o que é necesario, despois o que é posible e de súpeto estarás facendo o imposible”. Neste sentido, no seu pregón fixo un percorrido polas súas lembranzas de mozo no Piñeiro “para que vós tamén pensarades neses tempos pasados, en todas as crises que vivimos e vos decatedes que hoxe estamos aquí e, tal e como fomos quen de superar eses atrancos, tamén imos sair desta”.

Pedreira Mirás agradeceu á Comisión de Festas do Piñeiro a súa decisión de nomealo pregoeiro, “e máis sendo un político, pois nos tempos que corren non é nada doado”, bromeou. Ademais, asegurou que “é unha honra e unha satisfacción persoal ser o pregoeiro das festas dun lugar ao que sempre me sentín moi unido”.

Pedreira Mirás deu o seu pregón xusto despois da misa solemne e xusto ante das actuacións de “Sementes do Arte” e da orquestra “Trole”.