Onte presentouse o Antroido Gastronómico vinculado os Xeneráis do Ulla no concello de Santiago coa presencia da concelleira de Turismo
de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; o alcalde de
Vila de Cruces, Jesús Otero; o concelleiro de Turismo de Vedra, Manuel Costa;
Carlos Martínez; o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla; e o concelleiro
de Comercio de Silleda, Luis Rodríguez Vázquez, a directora de promoción de turismo de Galicia, Carmen Pita e sin ningún representante do concello de Teo.
O obxectivo de Entroido
Gastronómico dos Xenerais da Ulla é complementar a oferta de ocio e tradición
propia desta festividade, que terá lugar entre o 22 de febreiro e o 9 de marzo,
cunha proposta gastronómica de temporada, de tal xeito que os veciños e os visitantes
poidan vivir dun xeito integral o Entroido na zona da Ulla. Tamén con este
obxectivo se ofertan por primeira vez uns paquetes gastronómicos de turismo
rural, nos que se inclúen aloxamento e gastronomía, así como outras actividades
para descubrir a comarca. Con todo isto preténdese seguir avanzando cara a
consolidación de produto de desestacionalización de cara á temporada baixa e,
en concreto, aos case 20 días que dura este Entroido.
Lindeiros quixo saber si a iniciativa fora presentada na Feira Internacional Fitur, celebrada en Madrid en xaneiro e na que si estiveron os Xeneráis do Ulla e o parecer o único concello que fixo xestións alí foi Vila de Cruces a xuzgar polas respostas da concelleira compostela e o alcalde da vila, as xestións segundo o alcalde xa están dando resultados
Da non presenza na rolda de prensa do concello de Teo, un dos máis importantes na tradición dos Xeneráis, Reyes Leis dixo que o conflicto nace polo transporte metropolitano e que non están asistindo a ningunha reunión relacionada coa xestión turística da área de Compostela
Dende o concello de Teo se informa de que a non asistencia foi por problemas de axenda e que a saida do grupo da área de Compostela sobre turismo non foi de todo senon que se informou os outros concellos de que estarían colaborando en temas puntuáis como o caso do antroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario