Os hostaleiros teenses propoñen comernos o entroido de
tapas polo concello
Os petiscos
elaborados para o novo Concurso de tapas en Teo teñen que estar elaborados con
produtos típicos do entroido
O concurso
comeza este venres 21 de febreiro e remata o 9 de marzo e participan catorce
establecementos e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo
Nas próximas semanas nas casas teenses vanse preparar moitas
filloas, cocido ou orellas. E nos locais de hostalaría tamén. A proposta do
concurso de tapas promovido polo Concello de Teo, que comeza este venres, é que
os petiscos sexan elaborados con produtos típicos deste tempo de festa. O
Concello de Teo acordou organizar este concurso dentro das accións de promoción
do dos xenerais da Ulla, declarados festa de interese turístico galego o ano
pasado.
Deste xeito
durante os días que dura o concurso, entre o 21 de febreiro e o 9 de marzo os
locais participantes vannos convidar a comer o entroido. Para eso deseñaron
quince petiscos nos que hai elementos imprescindibles como as filloas e tamén
propostas novidosas como a unión entre a pizza e o cocido.
Serviranse
tapas a 1,5 euros en horario de mañá de 13:00 a 15:30 horas e pola tarde entre
as 19:30 e as 23:00 horas. E poderemos probar lasaña de entroido; o verme da
verdura; croquetas de lacón; grelos e queixo do País; empanadilla de cocido;
chulas do Ulla; tampantollo de carnaval; filloa rechea de zorza con grelos;
pizza de entroido; espeto de porco con prebe de grelo e pataca con trompiños;
bolos de pote con lacón; filloa vexetal rechea de polo con mollo de queixo de
Arzúa; candea de entroido; filloa de polo e queixo; cocido expréss e filloa
rechea de carnaval.
O Concello
editou un pasaporte, que se pode atopar en cada local participante, no que
figuran todas as tapas. Nesa guía aparecen agrupados os locais por rutas
segundo a súa ubicación xeográfica no Concello. A Ruta 1 é a de
Ramallosa-Pontevea e nela aparecen a Cervecería Santa Sede; a Taberna Riveiro;
a Taberna Mella; a Senra Café e Casa Pernas. A Ruta 2 é a da Nacional 550-Calo
e están Bariloche Café&Restaurante; Parrillada As Brasas; A Capilla; Chila
Café e Restaurante San Martiño. A ruta 3 é a de Cacheiras-Montouto-Tilos e nela
participan o Touché Café-Lounge; o Canaletto; a Cervecería Manu, a Cafetería
Mar Adentro e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo.
Premios
As persoas
que vaian cubrindo o pasaporte ou proben algunha das tapas e as valoren
depositando o seu voto nunha furna nalgún dos locais poderán acceder a algún
dos premios do concurso. O primeiro premio é un abono anual para o uso das
instalacións da Piscina municipal cuberta da Ramallosa, para a persoa gañadora
ou para a persoa que designe. O segundo é unha fin de semana para dúas persoas
nunha casa de turismo rural do Concello de Teo. Participarán no sorteo do
primeiro premio todos os pasaportes don quince selos e no do segundo aqueles
que teñan alomenos doce cubertos.
As papeletas
coa valoración das tapas tamén optan a dous premios, unha cea para dúas persoas
nun dos establecementos adheridos ó Concurso de tapas do entroido e unha cesta
con produtos elaborados e cultivados polos labregos e labregas do Mercado do
Alimento Labrego de Teo. Os sorteos realizaranse o 11 de marzo na Casa do
Concello.
Este concurso
está organizado polo Concello de Teo e os hostaleiros participantes e conta coa
colaboración da Piscina Municipal Cuberta da Ramallosa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario