Hoxe comeza o Feito a man 2016

Santiago, 02/08/2016 - Hoxe martes da comezo a XIII edición do festival Feito a Man, festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella en espazos singulares da zona vella de Santiago de Compostela.
Nos primeiros días do festival pasarán polas nosas rúas e prazas dende artistas internacionais como o armonicista norteamericano Greg Izor e a violinista Michelle Alany coa súa banda The Nefesh JoyKestra, ate artistas do país como Oîma coa súa música tradicional ou Mad Martin Trío co seu rock&roll; pasando por vellos coñecidos do festival como o swing de Aló Django ou o folque dos Tis Che Tein.

Estes últimos arrancan o festival hoxe en sesión vermú (13.30h) na terraza do bar A Gramola, na Praza de Cervantes. Hoxe tamén poderemos desfrutar do dúo catalán Criatures que nos achegará o seu folque á Vía Sacra (20h na terraza da Casa das Crechas) e do grupo de blues Animal Blues ás 22h na terraza da Borriquita de Belém en San Paio de Antealtares.

Mañá mércores 3 o festival continúa cos armonicistas Greg Izor e Emilio Arsuaga con convidados na terraza do Fraggle Rock ás 19.30h (Rúa das Rodas), e coa incorporación dun novo espazo no festival: a Praza de Mazarelos, onde se xuntan os bares O Pozo e Caldeirería para ofrecernos unha noite de pop rock galego a partir das 21h con Marmota Phil e DeLombaos.

E o xoves 4 a sesión vermú será nun espazo novo deste ano tamén, a Rúa Xelmírez. Na terraza da cervexería A Xuntanza poderemos ver aos galegos Oîma (13.30h). E xa á noite, a partir das 21h, o pub Atlántico e o Café Camalea ofrécennos unha noite de gypsy e rockabilly na Praza de San Martiño Pinario con Aló Django e Los Rockin’ Corsarios.

Ningún comentario: