O próximo sábado terá lugar a XVII Xuntanza de Bandas de Música de Ordes

Ordes, 04/08/2016 - A Banda de música de Ordes segue adiante cos actos do 25 aniversario da sua creación. Este sábado coa colaboración da Asociación Cultura Amigos da Música de Ordes chega a dezasete edición a xuntanza de Bandas que cada agosto organiza a formación.
A cita será as oito da tarde e conta coa colaboración do concello e a Deputación de A Coruña. Na cita rendirase homenaxe a Fernando Gontad Losada que durante 21 anos estivo ao frente da escola de música de Ordes como mestre e director da mesma e tamén como director da Banda ata o ano 2015.

A banda Municipal de Ordes estará acompañada por dúas bandas coas que existe unha sintonía especial e que sempre axudaron nestes 25 anos de historia. Esas bandas son a de Arca e Boiro.

Os músicos das tres bandas (máis de 120) interpretaran conxuntamente todo o repertorio do "Concerto a Tres Bandas".

Unha cita para os amigos da música este sábado en Ordes a partir das 8 da tarde.

Ningún comentario: