Silleda recibe o nomeamento de Manuel Quintáns Queiruga como secretario

Silleda, 04/08/2016 - O Concello de Silleda recibiu por parte da Dirección Xeral da Administración Local, o nomeamento de Manuel Quintáns Queiruga como Secretario titular en comisión de Servizos, efectuado con data do 1 de agosto.
Tal e como dita a normativa, o funcionario dispón agora de un mes para a toma de posesión do posto ao non residir na mesma localidade.

Ningún comentario: