Máis de 3860 peregrinos pasaron por melide en xullo

Melide, 03/08/2016 - Durante o mes de xullo, a Casa-Museo de Furelos, situada en pleno Camiño Francés a Santiago de Compostela, contou cunha gran afluencia de peregrinos e turistas.
En primeiro lugar, o país maioritario de procedencia foi Italia. No tocante a España, a maioría dos peregrinos foron de orixe andaluza, vindo habitualmente en grandes grupos de excursións organizadas, seguidos moi de preto polos madrileños, quen adoita peregrinar en pequenos grupos ou en familia. So un 2% dos turistas que visitaron a Casa-Museo non eran peregrinos e procedían principalmente de Galicia e País Vasco.

Cómpre destacar que durante este mes tivo lugar a celebración das festas do Apóstolo Santiago, o que aumentou considerablemente a afluencia de peregrinos nas datas colindantes.

En canto ao día a día no punto de información, adoitou ser levadeiro, pois atendéronse a unha media de 150/200 visitantes diarios, respondendo as súas dúbidas e preguntas, que adoitaron ser sobre aloxamento, gastronomía e patrimonio, etc.; explicándolles o museo e cuñando as súas credenciais. Por outra banda, intentouse involucrar a todos os visitantes na vida do concello, promocionando os seus espazos naturais da contorna e actividades de ocio, así como os eventos que tiveron lugar, por exemplo, o Milli Riders, as festas do Carme e os domingos de Vermú no Camiño.

Ningún comentario: