Os Socialistas, de Touro, queren informar a veciñanza que, no pleno celebrado o 1 de xullo de 2015, o Alcalde, anunciou a creación da Xunta de Goberno Local e, da Xunta de Contratación de Compras. Integradas; polo alcalde e tres concelleiros do PP (as Xuntas de Goberno Local), e por catro concelleiros do PP máis o alcalde (as Xuntas de Contratación de Compras), celebrando as sesións dúas veces ao mes.
“Non entendemos cal é o criterio do Alcalde para que en menos de un ano se aumente a periodicidade de ditas sesións ordinarias, non hai asuntos suficientes que xustifiquen este aumento, e menos, cando a resposta do Sr. Alcalde na sesión plenaria celebrada o 17 de xuño foi a seguinte; non teño nada que explicar, pode vostede votar en contra”. Denuncia, Gemma López, a voceira Socialista.
“O único motivo que pode explicar este cambio de periodicidade, é fixar un soldo encuberto os concelleiros/as do PP de Touro”. Lembran que, Touro, coa lexislación vixente non está obrigado a ter ditos órganos, e menos, cando ano tras ano se está a perder poboación. Este aumento nas periodicidades, terá un custo de máis de 12.600€ o ano, é dicir, máis de 40.000€ para o que resta de lexislatura. Diñeiro, que podía ser destinado, entre outros, para bolsas de estudos, axudas as familias máis necesitadas para a compra de material escolar, ou axudas a desempregados/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario