Silleda, 03/08/2016 - O goberno municipal de Silleda acaba de remitir unha misiva a 12 propietarios dun total de 13 solares sitos en Silleda e na Bandeira lembrándolle as súas obrigas na limpeza e mantemento dos terreos.
Nestes avisos, elaborados tras un informe feito pola Policía Local, advírteselles aos propietarios, moitos deles residentes fóra do municipio silledense de que dispoñen do prazo de 10 días para acometer os traballos de limpeza e desbroce da maleza das súas propiedades, para conservar as condicións de seguridade, salubridade, ornato público e calidade ambiental, que establece o artigo 9 da Lei 9/2002.
Transcorrido este prazo, e de non realizarse os traballos requiridos, nin aportar documentación ao respecto que os exima do cumprimento, logo da pertinente visita de comprobación por parte da Policía Local, e tal e como dita a Ordenanza de Convivencia, Limpieza e Ornato aprobada en 2011, o Concello de Silleda procederá a iniciar un expediente sancionador, con multas que oscilan entre os 50 e os 3.000 euros en función da gravidade das sancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario