USC - Novas perspectivas da educación musical

Abordar as novas perspectivas para unha educación musical do século XXI en calquera das áreas nas que os formadores poidan desenvolverse.Ese é o cometido do curso de verán que entre o 20 e o 22 de agosto se desenvolverá na Escola de Altos Estudos Musicais baixo a dirección de Mario Otero Diz e Sara Domínguez Lloria. O prazo de matrícula remata o 14 de agosto.

Nos tres días do encontro daranse a coñecer aplicacións educativo-musicais en novos contextos, novos proxectos de implicación da educación musical como arma social e novas metodoloxías e ferramentas dixitais. Para iso formúlanse catro módulos teórico-prácticos que se corresponden con catro mesas redondas referidas aos novos consumidores da educación musical, proxectos de impacto social, novos recursos e a ensinanza musical nos centros de educación infantil, primaria e secundaria

Entre os relatores figuran responsables do Proxecto de integración social daOrquestra Sinfónica de Galicia, da asociación Música en Vena, dos proxectos ESMUC Xamfrá e Minimusics ‘Música e Movemento na primeira infancia 0-3’ ou da Escola Municipal de Música de Santiago. Ademais, haberá diversos obradoiros prácticos nos que o alumnado poderá experimentar coas novas formas de ensinanza musical.

Ningún comentario: