O Festigal 2015 terá un espazo infantil, patrocinado por Galletas Mariñeiras Daveiga, con obradoiros, actuacións, música e diversión que servirán de escaparate de actividades culturais e creativas destinadas ás crianzas feitas en Galiza.
Así, poderán gozar do "Brinca Vai!", de Paco Nogueiras; do espectáculo "Alegría", de Sergio Tanus; de "O horroroso crime de Xan Miñoca", de Títeres Viravolta. Ademais, a Mesa pola Normalización Lingüística presenta "Abecedario", con Magín Blanco, Óscar Vilán e Mónica Pazos.
A isto únense os obradoiros de instrumentos vexetais e de bailes e xogos tradicionais galegos, coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, dinamizados por Emilio Lois e Rebeca Tallón, respectivamente.
O espazo infantil do Festigal atrae, cada edición, centos de nenos e nenas que na tarde do Día da Patria Galega se achegan ao campus sur de Santiago de Compostela para gozar das máis de 100 actividades programadas para xente de todas as idades nesta gran festa do nacionalismo.
ESPAZO INFANTIL - GALLETAS MARIÑEIRAS DAVEIGA
16h00 Obradoiro de instrumentos vexetais coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos e dinamizado por Emilio Lois
16h30 Obradoiro de bailes e xogos bailados no que se ensinarán bailes e xogos tradicionais galegos coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos e dinamizado por Rebeca Tallón.
17h15 Presentación de Abecedario de A Mesa pola Normalización Lingüística coa participación de Magín Blanco, Óscar Vilán e Mónica Pazos.
17h45 O horroroso crime de Xan Miñoca. Títeres Viravolta
18h45 Presentación de Alegría de SergioTanus
19h30 Brinca Vai!. Paco Nogueiras
Ningún comentario:
Publicar un comentario