Melide - Mercamelide verán na última fin de semana de agosto

O Mercamelide de verán terá lugar o 30 e 31 de agosto e celebrará a súa XIV edición no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide 

O Mercamelide de verán consolidase xa como unha feira fixa no calendario de eventos de Melide. 

Pechase así un mes de agosto de actividade continua. Nesta edición se sortearán dúas cestas de produtos típicos e un vale de 500 euros, o cál fai atractiva a feira, que ademais de variedade e calidade nos produtos ofrece obsequios aos consumidores.

Presentouse en rolda de prensa a décimo cuarta edición do Mercamelide, desta vez de verán, unha feira que vén a pechar o intenso calendario do mes de agosto e que se consolida como unha cita obrigada para veciños e veciñas e visitantes. Asetem e o Concello consolidan unha vez máis así a súa unión, sendo o Concello de Melide socio colaborador coa organización poñendo a disposición dos comercios implicados na mesma o Palacio de congresos da vila, a promoción mediática e os medios materiais para que o Mercamelide sexa posible. 

O Mercamelide tanto na edición de inverno como a de verán é un excelente escaparate do comercio local. Remátase así un mes que é transcendental para a economía melidá xa que grazas a afluencia de visitantes e locais elévanse considerablemente as expectativas de vendas con respecto aos meses de inverno.

 É nestas feiras cando se venden artigos de calidade a prezos reducidos e cunha atención personalizada, pegada do comercio local. Con este tipo de feiras Melide medra e promociona o seu comercio, sendo ademáis un indicador de mellora da economía, xa que parece que a situación de crise económica estase a superar xa que cada vez son máis os emprendedores que están presentando os documentos para poñer novos establecementos.

Ningún comentario: