| ASUNTO: corte de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio Por mor da realización de obras de reparación do pavimento, a rúa do Campo de Santo Antonio permanecerá cortada ao tráfico no tramo comprendido entre os números 1 e 8 desde o 14 ao 28 de decembro. Os residentes poderán acceder durante este tempo desde a Trisca en sentido contrario ao habitual. O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar. | Xoves 15
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visita a rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das camelias). 12.15 h Na praza das Praterías, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita a Casa do Cabido logo das obras de rehabilitación levadas a cabo polo Consorcio de Santiago.
13.00 h Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, saúda os nenos que forman o xurado do concurso do Cartel de Nadal 2011. 18.00 h No Centro Sociocultural do Ensanche, obradoiro de caligrafías esquecidas Club de lectura [PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA BIBLIOTECA PÚBLICA JOSÉ SARAMAGO] 19.00 h No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao desfile solidario Xuntos Podemos, organizado pola asociación Vagalume. 20.00 h No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da exposición fotográfica “Compostela, un ano de Voz”.
20.00 h Na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), entrega da XII edición dos Premios Manuel Beiras. Asisten: Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Ángel Currás, concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística; Evaristo Rodríguez, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago e presidente do xurado.
21.00 h No Teatro Principal El Óbolo Producciones presenta 'Torvaldo Furioso' de Lucía Vilanova dentro de Teatro en Xira 2011. 21.00 h No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena con Pablo Sáinz Villegas, guitarra. [Mozart, Rodrigo, Schubert] |
Santiago – axenda xoves 15 decembro 2011
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario