| Presentadas máis de 250 postais e 63 cartas solidarias aos Reis Magos nos certames para escolares -A entrega de premios será o vindeiro mércores día 21 e os traballos formarán parte dunha exposición na Casa da Cultura de Silleda Silleda, 15 de decembro de 2011. Os certames creativos para escolares, organizados pola Concellería de Cultura, continúan a ter un grande éxito de participación en Silleda. No concurso de postais presentáronse un total de 256 creacións e outras 63 no das cartas solidarias aos Reis Magos. Estes traballos foron realizados polos alumnos da Escola Infantil A Galiña Azul (que presentaron 38 postais); os do Colexio María Inmaculada e os do IES Pintor Colmeiro. Non participaron os dous CEIP do municipio (Silleda e A Bandeira), xa que tanto nos Claustros como nos Consellos Escolares, estes dous colexios que amosaron as súas desculpas, decidiron non participar en actividades extraescolares logo das medidas adoptadas pola Consellería de Educación en relación aos horarios do profesorado e recortes no ensino público. “Dende a Concellería de Cultura non só entendemos a postura destes dous centros, senón que ademais apoiamos as súas xustas reivindicacións”, apunta o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre. O fallo e a entrega de premios nas distintas categorías por idades terá lugar o vindeiro mércores día 21 ás 18.00 horas na Casa da Cultura, onde ao día seguinte, o xoves 22, se abrirá a exposición cos traballos realizados polos alumnos e alumnas silledenses. En canto aos premios, haberá tres por categoría e un para cada centro escolar que participe. Así mesmo, todos os participantes recibirán un diploma e os gañadores material escolar, mentres que os centros levarán lotes de libros doados polo Concello de Silleda. |
| remata o prazo para anotarse ao I Trofeo de Petanca “Concello de Silleda”
-O certame, dentro da programación de Nadal, terá lugar o sábado na Bandeira a partir das 10.30 horas Silleda, 15 de decembro de 2011. Mañá venres remata o prazo para participar no primeiro torneo de Petanca “Concello de Silleda. O campeonato disputarase pasado mañá sábado a partir das 10.30 horas no campo da petanca da Bandeira, coa modalidade de dupletas (equipos de dous xogadores). As incripcións poden realizarse antes das 20.30 horas no Bar Trécola, a Casa da Xuventude, ou no teléfono 669 599777. Este torneo, organizado polo departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, é un das novidades do programa de Nadal deste ano. Dende o Concello anímase aos afecionados a este deporte a participar no torneo. |
Silleda – notas venres 16 decembro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario