O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN INTERVÉN NUN ACCIDENTE
DE CIRCULACIÓN NO QUE SE REXISTRARON TRES FERIDOS, UN DELES UN BEBÉ
Colisión frontal
entre unha furgoneta e un camión na estrada provincial DP-0203, no lugar de
Pousada (Ames)
18 de outubro de 2010.- O Servizo de
Emerxencias de Brión (SEBRI) interviu este mediodía nun accidente de
circulación rexistrado no lugar de Pousada, da parroquia de San Tomé de Ames,
concello de Ames. Nunha colisión frontal entre unha furgoneta e un camión cargado
con materiais de construción, rexistráronse tres feridos, un deles un bebé que
viaxaba na furgoneta. Todos os feridos foron trasladados ao Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), os dous adultos nunha ambulancia
e o bebé nunha ambulancia medicalizada.
Dous dos feridos foron excarcerados por persoal do SEBRI,
que desprazou ata o lugar do sinistro tres efectivos e dous vehículos: o pick
up de primeira saída e o “bull” que incorpora os equipos de excarceración. As
tarefas de excarceración precisaron de media hora de traballo. Tamén acudiron
ata alí os Bombeiros de Santiago, aínda que finalmente non foi precisa a súa
intervención, catro unidades da Garda Civil de Tráfico, e un equipo de
Atestados.
A colisión produciuse no punto quilométrico 1,800 da
estrada DP-0203. O tráfico estivo totalmente cortado ao tráfico durante
aproximadamente unha hora. Durante as tarefas de retirada do camión e de
limpeza da vía, que se prolongaron durante unhas tres horas, permaneceu pechado
un dos carrís.
Nos comunicación
Ningún comentario:
Publicar un comentario