·
A vindeira semana
abrirase ao público o novo parque infantil da rúa María Barbeito, nunha nova
zona de crecente edificación e próxima ao colexio Mestre Pastor Barral.
·
O Concello multiplicou
nestes anos a oferta destes espazos de lecer para familias e cativos.
O Concello de Melide
agarda poder abrir ao público na semana vindeira o novo parque infantil que se
atopará situado na rúa María Barbeito, nunha das zonas residenciais de maior
crecemento urbanístico nos últimos anos.
O equipo de goberno
realizou este proxecto a partir do aproveitamento do parque infantil que estaba
instalado na rúa Camiño Real, e que non cumpría coa legalidade vixente en
materia de parques infantís, como é o caso das distancias a lindes das
edificacións, a supresión de barreiras arquitectónicas, ou o deteriorado estado
dos xogos. Por iso, a creación do novo parque na rúa María Barbeito supón un
traslado deste espazo de lecer –que estaba en completo desuso- ao que se engade
unha ampliación do mesmo e unha nova dotación de mobiliario urbano e de xogos,
nunha ubicación que resulta ademais moito máis aproveitada. O investimento
nesta nova infraestrutura supera os 66 mil euros.
Nestas últimas semanas
realizáronse as obras e a colocación dos xogos que permitirán abrir ao público
este novo parque, previsiblemente, na vindeira semana. Con esta nova
alternativa, próxima ademais á zona do colexio Mestre Pastor Barral, o Concello
de Melide duplicou nos últimos anos a oferta para o lecer dos máis pequenos e
das familias, logo de ter aberto tamén o novo parque infantil na zona do
Multiusos, integrada no renomeado Parque Rosalía de Castro, ademais conta con
outro parque infantil na urbanización de Taboada Roca e o do Cantón de San
Roque, o que permite dar satisfacción as demandas, indica o seu responsable,
Manuel Prado
Ningún comentario:
Publicar un comentario