Numax - Semana do 2 o 8 de outubro

O novo filme de Woody Allen e o Festival Curtocircuíto protagonizan a carteleira desta semana.

Como todos os anos por estas datas chega un novo filme de Woody Allen ás salas españolas. Irrational Man é o seu título, e ese home irracional non é outro que Joaquin Phoenix no papel de Abe, un home que non dá coa alegría nin co significado da vida e ten a sensación de que todo o que tentou, ben no activismo político ben como profesor, non tivo mínima importancia.

De outra banda, a partir do martes 6 de outubro e até o domingo 11 de outubro, acollemos parte das seccións paralelas e retrospectivas do Festival Curtocircuíto, que ano tras ano vai traendo á cidade unha manchea de grandes filmes e importantes figuras da historia do cinema. É o caso de Jørgen Leth, a quen teremos por NUMAX para presentar un par de sesións, ou Aki Kaurismäki, os dous homenaxeados deste ano. Completan as proxeccións na nosa sala unha escolma de títulos da produtora portuguesa O Som e a Fúria, a carta branca que o festival concede este ano a Manolo González, a sección Púlsar centrada na filmografía de João Salaviza e a participación do festival internacional de creación audiovisual de Gijón (L.E.V.). As entradas para NUMAX pódense mercar na nosa billeteira virtual, accedendo ás fichas habilitadas para cada sección, ou presencialmente, tanto no noso propio local como na billeteira do Teatro Principal.

Últimas sesións e avance de programación

Aínda teredes tempo de achegarvos aos últimos pases de Navajazo (martes 6 ás 22:00), a provocadora proposta do mexicano Ricardo Silva, ou Edén (xoves 8 ás 17:30), o último filme da francesa Mia Hansen-Løve.
Adiantámosvos, por último, que en breve teremos en cartel El apóstata (Federico Veiroj, 2015), recente gañadora do premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián.

Fabulatorio presenta 'Boas Noites' de Jesús Madriñán na libraría NUMAX

O proxecto editorial dirixido por Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez trae á nosa libraría o seu último traballo, Boas Noites, que recolle unha colección de retratos tomados en locais de ocio nocturno no rural galego por Jesús Madriñán, que acompañará os editores na presentación.
Este venres 2 de outubro ás 20:00.

Irrational Man
(Woody Allen, 2015)

Abe non dá coa alegría nin co significado da vida e ten a sensación de que todo o que tentou, ben no activismo político ben como profesor, non tivo mínima importancia. Ao pouco de chegar á universidade dunha vila na que vai dar clase, Abe relaciónase con dúas mulleres: Rita Richards, unha profesora solitaria que busca nel que a rescate do seu infeliz matrimonio e Jill Pollard, a súa mellor estudante, que se converte na súa amiga máis próxima.

Programación

VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Venres 2 de outubro

12:00 Edén
16:00 Irrational Man [estrea]
18:00 Navajazo
19:30 Irrational Man
21:30 Irrational Man
 

Sábado 3 de outubro

12:00 Irrational Man
16:00 Edén
18:30 Navajazo
20:00 Irrational Man
21:45 Irrational Man
 

Domingo 4 de outubro

12:00 Irrational Man
16:00 Edén
18:30 Irrational Man
20:15 Irrational Man
22:00 Navajazo

Martes 6 de outubro

12:00 Edén
16:00 Irrational Man
18:00 Irrational Man
20:00 Curtocircuíto. O Som e a Fúria I
22:00 Navajazo [último pase]
 

Mércores 7 de outubro

12:00 Irrational Man
15:45 Edén
18:15 Irrational Man
20:00 Curtocircuíto. Manolo González I
22:00 Curtocircuíto. João Salaviza I
 

Xoves 8 de outubro

12:00 Irrational Man
15:45 Irrational Man
17:30 Edén [último pase]
20:00 Curtocircuíto. Manolo González II
22:00 Curtocircuíto. O Som e a Fúria II

Ningún comentario: