PG Padrón - Demanda de información sobre a inclusión ou non de Padrón no Plan Director do Camiño de Santiago

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o pasado día 24 de setembro a aprobación do Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021, “un dos documentos clave no eido do desenvolvemento turístico de Galicia”, segundo salientou. Con este plan avánzase no proceso de ordenación, regulación e posta en valor dun dos maiores símbolos de Galicia, as rutas xacobeas, tendo sempre como horizonte o Ano Santo 2021.

Será a folla de ruta que englobe e ordene todas as accións concretas para sacar o máximo partido ao fenómeno xacobeo nos próximos anos”, indicou Feijóo. O principal reto ao que ten que responder é o de conxugar o seu previsible crecemento co mantemento da súa identidade, para o que o Plan Director formula tres obxectivos: protexer e preservar o Camiño, facer que a peregrinación sexa unha experiencia de calidade e adaptada ao peregrino do século XXI e fomentar a cohesión social e o equilibrio territorial.

Vendo as palabras do Presidente da Xunta e estudiando máis polo miúdo dito Plan e moi importante para os intereses de Padrón e dos padroneses como Berce do Xacbeo. En dito documento baséase coa visión definida do Camiño para o 2021, deséñase unha Etapa Modelo na que se reflicte como se visualiza o Camiño para acoller ao peregrino do 2021 en materia de aloxamentos, servizos ao peregrino, conservación das rutas e do patrimonio, etc. Neste Plan recóllese un esquema gráfico a Etapa Modelo, Plans de xestión por Camiños, para estar nas mellores condicións posibles no próximo Ano Santo 2021, de acordó con este Plan.

Tamén observamos que en dito Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021, no apartado de Plans de accións e mellora e Plan de Comunicación e Marketing , non aparece nada do Camiño Santiago a Padrón, tan importante para o noso Concello. Polo que non entendemos a falta deste Camiño cara a Padrón dende Santiago de dito Plan.

SOLICITA:

-Ter acceso a todas as xestións que están facendo dende o Concello para engadir o Camiño Santiago-Padrón en dito Plan Director . Así como a promoción de Padrón como Vila singular e Berce do Xacobeo.

-E si polo contrario dende o Goberno do PP de Padrón non están facendo nada para engadir dito Camiño Santiago-Padrón no Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021, que se preceda de inmediato a realizar as xestións necesarias para engadilo.

Ningún comentario: