Ateneo - O presidente da Audiencia nacional inaugura os luns do Ateneo

Coa conferencia titulada “A Audiencia Nacional no sistema xudicial español” Don José Ramón Navarro, Presidente da Audiencia Nacional, acudirá a Santiago o vindeiro luns 5 de outubro para inaugurar o ciclo Os Luns do Ateneo, organizado polo Ateneo de Santiago e coa colaboración da Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Relevante xurista Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Don José Ramón Navarro foi durante 8 anos Presidente da Audiencia Provincial de Santa Cruz de Tenerife, posteriormente foi nomeado Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e dende o 2014 ocupa o cargo de Presidente da Audiencia Nacional. É tamén codirector da cátedra Francisco Tomás y Valiente e, de entre as distincións que ostenta, cabe destacar a Medalla de prata ao Mérito da Xustiza outorgada polo Goberno de Canarias e a Cruz distinguida de Primeira Clase da orde San Raimundo de Peñafort.

Ningún comentario: