Santiago Futsal - O equipo cae pola mínima ante o Levante

O encontro no Cabanyal comezou con moita intensidade por parte de ambos os conxuntos e cunha presión moi adiantada na saída de balón, tanto de locais como visitantes. Santiago Futsal foi o primeiro en sacar proveito das recuperacións de balón en primeira liña, pero en todas as súas accións aparecería o protagonista por parte dos granotas na primeira metade; o meta Yeray, que evitou ata en tres ocasiones consecutivas o tanto celeste da botas de Diego Quintela e Dani Montes. 

Cun Levante UD DM cargado de faltas, que chegou ás cinco acumulativas no minuto 7 de partido, Dani Montes tivo a oportunidade de adiantar aos seus, pero de novo Yeray evitaría o tanto santiagués.

Igualmente foi protagonista Marcos Vara nas filas do conxunto celeste, que desbaratou as acometidas locais nas primeiras ocasións do partido.

Pero no minuto 15, Hugo Bernárdez adiantou aos seus nunha xogada discutida polos xogadores santiagueses dentro da área, pero que finalizou co remate do xogador granota ao fondo da rede.

De novo, e só un minuto despois do gol local, Dani Montes tivo a oportunidade de marcar desde o punto de dobre penalti, pero nesta ocasión o seu lanzamento marchouse fóra.

Quedaría tempo antes de chegar ao descanso para que o conxunto celeste cometese a sexta falta e Levante UD DM gozase do lanzamento desde os 10 metros. Pero a meta recentemente incorporado, Iker López, detería o disparo do xogador levantino.

Na segunda metade, os dous conxuntos repetirían o guion da primeira parte, imprimíndolle moito ritmo ao xogo. Cun Santiago Futsal que dominaba e que se facía grande en pista contraría, Hugo Sánchez conseguiría o tanto do empate nun zapatazo dende a frontal da área no minuto 29.

Pero coa expulsión de Iván Rumbo por dobre cartón amarelo e cando os de Santiago estaban cun xogador menos en pista, Márquez batería ao porteiro visitante cun tiro raso pegado ao pau para facer o 2-1. O partido poñeríase costa arriba para os de Santiago cando, só un minuto despois, Oviaño fixo o terceiro para os seus.

A falta de 6 minutos para chegar á conclusión, Santi Valladares daría entrada a Álex Diz como porteiro- xogador e nunha xogada de cinco chegou o 3-2, tanto de Diego Quintela co que xa non se movería o marcador. A pesar das variadas ocasións do Santiago Futsal con porteiro xogador en pista, nas que todas estivo presente a figura do meta Yeray para salvar aos seus, non puido chegar o empate no Cabanyal e o encontro finalizou coa vitoria granota.

Sala de prensa

Santi Valladares analizou o encuentro trala sua conclusión do que dixo “Cando non quere entrar a pelota, non quere entrar. Tivemos moitas ocasións. Hoxe non foi cuestión de non defender, senon das accións erradas en ataque, da falta de finalización. Os 10 metros errados, as accións en ataque de 5 erradas…”O adestrador engadíu “O primeiro gol deles é unha falta clara. Osegundo tras a expulsión de Iván, que non lle da coa mán e non se merece o cartón. E o terceiro nunha pérdida nosa en apertura que nos costou esa transición… Eles co mínimo lévanse os 3 puntos hoxe”.

Ficha do partido

Levante UD DM: Yeray, David Ruíz, Kiko, Carde e Hugo ?cinco inicial- Jordi Lledó, Pichi, Márquez, Borja Milán, Oviaño

Santiago Futsal: Marcos Vara, Quique, Álex Diz, Dani Montes e Diego Quintela ?cinco inicial- Antonio Diz, Hugo Sánchez, Iván Rumbo, Santi, Pablo Mel e Iker López 

Árbitros: Do Pozo García e Martinez Segovia. Amoestaron con cartón amarelo a Borja Milán no Levante UD DM; e a Diego Quintela e Iván Rumbo no Santiago Futsal

Incidencias: Partido correspondente á 4ª Xornada de Liga celebrado no Pavillón do Cabanyal

Goles: 1-0 min.15 Hugo Bernárdez, 1-1 min. 29 Hugo Sánchez, 2-1 min.32 Márquez, 3-1 min.33 Oviaño; 3-2 min.35 Diego Quintela;

Ningún comentario: