BNG A Estrada - Rogos e preguntas para o pleno

Rogos:

Arranxar os lombos de burro para evitar que cando chove se formen charcos, especialmente o do Souto de Vea e Antón Losáda.

Que se retire do entorno do campo de futbol de Figueroa os restos do aramio de peche que se atopan tirados nun lateral.

Que se retiren os restos dos tubos procedentes da reparación da traída de auga que se atopan no pé do Pedroso.

Preguntas:

Que xestións está a facer o concello para arranxar a discriminación dos veciños de Vea no prezo do transporte metropolitano? Sae máis caro que antes da entrada en vigor do transporte metropolitano, un 30% máis.

Sabe algo o gobernó do cruceiro do lugar de Ouzamerxe, na parroquia de lagartóns? Xa leva uns anos desaparecido e os vecinos están preocupados porque din que alguén o levou para reparar pero que non o devolveu.

Fai unhas semanas produciuse un episodio de contaminación da fonte da área recreativa situada próxima a praia fluvial do liñares; isto orixinou un grave problema na saúde de varios veciños. Sabe o goberno a que foi debida a rotura da rede de sumidoiros que probocou o verquido das augas resuduais que contaminaron a mencionada fonte? Ten pensado realizar algunha obra de restitución da calidade da auga da mencionada fonte?

Ningún comentario: