Numax - Programación do 9 ao 15 de outubro

'El apóstata' e 'Ventos de agosto' na programación regular e 'Double Play' nun pase único, novidades desta semana.

O recente premio FIPRESCI do Festival de San Sebastián, El apóstata(Federico Veiroj, 2015) é a nosa estrea desta semana, que excepcionalmente comezará a proxectarse este sábado 10 de outubro no canto do venres, como é habitual(*). Logo de La vida útil, Veiroj ofrécenos esta amarga comedia que retrata un mozo, Gonzalo, cuxo meirande desexo é apostatar da relixión cristiana na que foi educado.

Séguelle o pase único de Double Play, este domingo 11 ás 19:00. O filme deGabe Klinger, que nos acompañará durante a proxección para realizar uncoloquio cos asistentes, xunta a dous grandes realizadores coma James Benning e Richard Linklater para falar dos seus respectivos traballos coa imaxe en movemento. De entrada, a conexión pode non semellar evidente, mais en canto se xuntan os dous ben vemos que James Benning e Richard Linklater son vellos amigos. Linklater viña de rematar Before Midnight, que pechou a triloxía que levaba filmando os últimos 20 anos. Pero cando creou o cineclube da súa vila de Austin, Texas en 1985, o primeiro cineasta que convidou foi o minimalista James Benning. Benning (1942, Milwaukee, Wisconsin) fai filmes desde hai 40 anos e a súa contribución ao cinema experimental americano é fundamental.

O mércores 14, finalmente, é a quenda de Ventos de agosto, longametraxe deGabriel Mascaro que se puido ver no pasado Festival de Locarno e do que volveu cunha mención especial.

(*) Nas sesións previstas para hoxe venres á tarde recuperamos B en pase único ás 18:00, que esgotou todas as localidades na súa anterior proxección, e damos un novo pase de Irrational Man na sesión das 22:00.

Continúan as proxeccións do Festival Curtocircuíto

Até o domingo 11 aínda teremos algunhas sesións que fan parte da programación do festival Curtocircuíto. É o caso, por exemplo, de Montanha, a longametraxe de João Salaviza, que chega en exclusiva a Santiago este venres 9 ás 20:00, logo da súa estrea no Festival de Venecia. Tamén teremos na nosa sala a Jørgen Leth para presentar o seu work-in-progress Pelota II (sábado) ou a súa sonada 66 escenas de América (domingo).

El Apóstata
(Federico Veiroj, 2015)

El apóstata é unha comedia que repasa as cicatrices dun mozo que desexa emanciparse do que o soborda, asemade que dispara contra si propio cun certo cinismo nalgunhas cuestións de fe, culpa e desexo. Durante este proceso, vanse filtrar a antiga relación que mantén cunha curmá, os recordos do espertar sexual, pecados de cativo ruín, o vencello cunha espiritualidade forasteira, as dificultades para seguir o camiño paterno do traballo estábel, as promesas dunha madurez nova.

Double Play
(Gabe Klinger, 2015)

James Benning e Richard Linklater son amigos desde hai máis de vinte anos e durante este tempo mantiveron contínuas discusións ao redor do mundo e do cinema. As súas cinematografías respectivas están atravesadas por unha forma de entender o cinema en relación co tempo e, neste filme documental, Gabe Klinger xúntaos para explorar isto e máis como o tempo marcou tamén a súas vidas e a súa amizade.

Ventos de Agosto
(Gabriel Mascaro, 2014)

Shirley deixou a grande cidade para vivir nunha pequena poboación ao beira do mar e coidar a súa avoa. Conduce un tractor nunha plantación de cocos, gústalle a música rock e quere converterse nunha artista da tatuaxe. Séntese atrapada na pequena vila costeira e comeza unha relación con Jeison, un compañeiro do traballo co que vivirá, no medio de fortes ventos e altas marés, unha viaxe que os confrontará coa vida e a morte, coa perda e a memoria, co vento e o mar.

Programación

VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Venres 9 de outubro

12:00 Irrational Man
16:00 Irrational Man
18:00 B
20:00 Púlsar: João Salaviza II
(Curtocircuíto 2015)
22:00 Irrational Man
 

Sábado 10 de outubro

12:00 El apóstata (vo)
16:00 Irrational Man
18:00 El apóstata (vo)
20:00 Jørgen Leth: Pelota II
(Curtocircuíto 2015)
22:00 Selección: L.E.V.
(Curtocircuíto 2015)
 

Domingo 11 de outubro

12:00 El apóstata (vo)
17:00 Jørgen Leth:
Escenas desde América
(Curtocircuíto 2015)
19:00 Double Play.
Pase único coa presenza
do director Gabe Klinger

20:45 El apóstata (vo)
22:15 Irrational Man
 

Martes 13 de outubro

12:00 Irrational Man
16:00 El apóstata (vo)
17:45 Irrational Man
19:45 El apóstata (vo)
21:30 Irrational Man
 

Mércores 14 de outubro

12:00 Irrational Man
16:00 El apóstata (vo)
17:45 Irrational Man
19:45 Ventos de agosto Estrea
21:15 El apóstata (vo)
 

Xoves 15 de outubro

12:00 El apóstata (vo)
16:00 Irrational Man
18:00 Ventos de agosto
19:30 El apóstata (vo)
21:15 Irrational Man

Ningún comentario: