O BNG de Oroso oponse á apertura do novo colexio de Sigüeiro sen servizos de transporte e comedor."
Ante o comunicado da Consellería de Cultura e Educación de que o novo Colexio de Sigüeiro vai abrir sen contar cos servizos de transporte e comedor escolar, o BNG de Oroso mostra a súa total desconformidade ante estes feitos e insta a Consellería a dar marcha atrás a esta proposta, considerando que non é de recibo que as novas instalacións non conten de partida con estes servizos, polo agravio que isto pode supor para o alumnado deste centro.
O BNG de Oroso fará todo o que este na súa man para que este agravio comparativo non se leve a cabo e por iso apoia as reivindicacións dos pais e nais de Sigüeiro e únese a mobilización convocada pola ANPA para este Venres e a calquera outra iniciativa que sirva para forzar a Consellería a que reconsidere a súa actitude.
O BNG de Oroso trasladará á ANPA nunha reunión que se vai celebrar hoxe venres o seu total apoio a todas as medidas que acorde e a necesidade de ter unha reunión con toda a veciñanza do Concello para decidir que iniciativas se deben abordar para que a Consellería dote ao novo centro de todos os servizos; tamén ofreceremos trasladar o tema ás nosas deputadas e deputados no Parlamento Galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario