ESTE VENRES, 30 DE SETEMBRO CONSTITÚENSE AS NOVAS XERACIÓNS DE TORDOIA
Pablo del Río será o presidente da agrupación mentres que Érica Calviño ocupará o cargo de secretaria xeral
Tordoia, 29 de setembro 2011.- O grupo municipal do Partido Popular de Tordoia está de noraboa xa que, a partir de mañá, venres 30 de setembro, este municipio contará coas Novas Xeracións (NNXX) de Tordoia, que se constituirán oficialmente este venres nun acto no que estarán presentes Javier Dora, presidente de Novas Xeración sde Galicia e secretario xeral de Novas Xeracións en España; Ramón Santos, presidente de NNXX na Coruña e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, ademais doutros presidentes de agrupacións locais da comarca.
Pablo del Río Noya será o presidente desta agrupación que reúne xa a máis de trinta mozos e mozas do municipio. Esta boa acollida anima a del Río nesta nova responsabilidade, que estará presidida polo desexo de “achegar a política á rúa, xerar ilusión, incentivar a participación cidadá e difundir as políticas do Partido Popular, especialmente no que atinxe á xuventude, porque os máis novos somos un dos piares fundamentais para saír da profunda crise na que nos atopamos”, explicou o novo presidente das NNXX de Tordoia, que agarda poder incrementar o número dos seus simpatizantes e afiliados achegando ganas de traballar por un futuro económico e laboral máis esperanzador. Ademais da presidencia, ocupada por Pablo del Río, tamén quedou establecida a secretaría xeral, que estará en mans de Érica Calviño Cancela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario