O CONCELLO DE TORDOIA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CURSOS DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
9 de setembro de 2011.- O Concello de Tordoia organiza uns cursos de iniciación á informática no que poderán anotarse todos os veciños e veciñas que o desexen, sen ningún tipo de límite de idade. Uns cursos que comezarán a impartirse a finais deste mes nas instalacións da Casa da Cultura de Tordoia.
O obxectivo destes cursos é achegar ás novas tecnoloxías informáticas aos veciños que o desexen, de xeito que adquiran os coñecementos precisos para poder manexarse no sistema operativo Windows e algúns dos seus programas, así como adentrarse tamén na Internet. Os veciños poderán anotarse ou conseguir máis información sobre os cursos na Casa da Cultura ou ben no teléfono 981 683 006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario