BOQUEIXÓN - LESTEDO PREPARASE PARA CELEBRAR A VIRXE DE LOURDES

LESTEDO PREPARASE PARA CELEBRAR A VIRXE DE LOURDES.

A parroquia boqueixanesa de Lestedo xa ten todo listo para a celebración da que é unha das súas grandes festas do ano, a celebrada da honra da Virxe de Lourdes.

Mañán día 10 de setembro dará comezo a festa cunha verbena na que van a participar dúas das mellores orquestras do panorama musical galego actual. Aché e Panorama que atraerán a Lestedo a milleiros de persoas para disfrutar dunha noite de música e baile que durará ata ben entrada a madrugada.

Na xornada do domingo será unha xornada mais tranquila e que comezará coas misas na hora da Virxe de Lourdes que terán os seu punto álxido ás 13:30 coa misa cantada, posteriormente e contarase coa actuación das Bandas Santa Cruz de Rivadulla e de Negreira que voltarán a escea a partir das 10 da noite para deleitar a todos os presentes co seu repertorio musical.

Ningún comentario: