SILLEDA - Mellora da sinal de TDT a través dos repetidores de Parada e Graba

Mellora da sinal de TDT a través dos repetidores de Parada e Graba

Os veciños que aínda teñan dificultades para sintonizar algunha canle de televisión deben de poñerse en contacto cun antenista

Silleda, 9 de setembro de 2011. En días pasados, técnicos da entidade Retegal achegáronse ata o municipio de Silleda para ver as posibilidades de mellora do sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT), xa que se viñan rexistrando aínda zonas de sombra nas que non se vían distintos canles televisivos. Dende esta empresa, xa se puxeron en contacto cun antenista da localidade para revisar os repetidores de Graba e Parada, en cuxa zona de influencia se viñan producindo queixas dos veciños pola mala recepción do sinal de TDT.

“Logo da revisión realizada se xurde algún problema nunha vivienda na que non perciben correctamente o sinal, os usuarios deben saber que isto se debe ao alimentador da antena, que estaría adaptado para a televisión analóxica”, sinala Antonio Couso, concelleiro de Medio Rural. Deste xeito, e segundo indica o edil silledense, os veciños deben de poñerse en contacto con calquera antenista autorizado para tratar de solventar o problema. “En caso de que aínda tiveran dificultades despois da visita do antenista, os usuarios poden achegarse ata o Concello para estudar o seu caso e, se cabe, facer as oportunas reclamacións”, engade Antonio Couso.

Ningún comentario: