Silleda celebrará a Festa da Bicicleta
o vindeiro sábado 17 de setembro
-Será pola tarde, con saída dende a praza Siñor Afranio e chegada á praza da Igrexa
Silleda, 6 de setembro de 2011. O vindeiro sábado día 17 de setembro celebrarase en Silleda unha nova edición da Festa da Bicicleta, na que poderán participar xentes de todas as idades. A única condición é acudir provistos de casco para garantir a seguridade no percorrido. A ruta partirá ás 17.30 horas da praza Siñor Afranio (xunto á Casa da Cultura) e descorrerá polos alrededores da vila de Silleda.
Así, o percorrido continuará pola rúa Morón, a avenida da Estación, as inmediacións do recinto feiral Semana Verde, a carretera de acceso a Vila de Cruces, o entorno das Pedrosas, avenida do Parque… para rematar finalmente na praza da Igrexa. O percorrido total suma 6,2 kilómetros. Haberá agasallos para todos os que se suman a esta iniciativa deportiva, organizada polo Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra.
Liga local de fútbol sala
Por outra banda, tamén no ámbito deportivo, cómpre salientar que está xa aberto o prazo de inscrición para participar na liga local de fútbol sala. Os interesados poden informarse e anotarse chamando ao número de teléfono 669 599777. A reunión cos inscritos terá lugar o vindeiro día 28 de setembro ás 21.30 horas na Casa da Cultura de Silleda. O sorteo realizarase, no mesmo lugar, o 5 de outubro, tamén ás 21.30 horas. O comezo da competición terá lugar o 17 de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario