O Concello de Melide acometerá obras por valor de 188.487,35 € entre as que destacan o acondicionamento de viais e ampliación das zonas de saneamento
- O Concello de Melide financiará conxuntamente coa Deputación de A Coruña dentro do Plan de Cooperación dos Concellos obras por contía de 188.487,35 €.
- As obras financiadas conxuntamente entre o Concello de Melide e a Deputación manifestan a vontade da alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez de seguir traballando mediante o establecemento de convenios con outras administracións co fin de que Melide poida contar coas infraestruturas pertinentes e co debido mantemento das mesmas.
Melide, 9 de setembro de 2010.- O Concello de Melide acometerá obras por un valor total de 188.487,35 € dentro dos plans de cooperación da Deputación de A Coruña cos Concellos pa provincia. No primeiro proxecto, que constará da apertura de novos viais coas correspondentes beirarrúas no lugar de Os Ánxeles, S. Cibrao, Cabanelas, Xubial, Piñeiro, Seixas, Zas de Rei, Piñor, O Folicheiro, Rúa Ourense e Rúa Emilio Pereiro no que o Concello terá que financiar a súa parte con 9.424, 37 € mentres que a Deputación financiará o resto. O segundo proxecto que ascende a 91.068,41 €, consta de establecer redes de pluviais e de reposición de firme na Rúa Javier Rodríguez, máis en sete rúas máis,nas que a Deputación de A Coruña financia un total de 82.115,92 € mentres que o goberno local aportará 8.952,49 €. Dito proxecto tamén engloba o saneamento, caixas de rexistro e aglomerado das zonas citadas. A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, ten vontade de seguir traballando para conseguir o establecemento de convenios con outras administracións co fin de que Melide e as parroquias que forman o concello poidan contar coas pistas en boas condicións e un saneamento de augas residuais propio dunha vila como é o caso de Melide.
Ningún comentario:
Publicar un comentario